Estás en:Emprego

Xornada "A crise habitacional"

Da man da Área de Dereitos Civís e Igualdade da Deputación da Coruña, proponse a creación dun espazo de debate arredor da crise habitacional, que axude a definir a problemática e as súas posibles solucións dende múltiples perspectivas, tanto estratéxicas como en accións políticas concretas a nivel local e supramunicipal. Trátase de abordar un problema complexo a través de solucións complexas e baseadas no diálogo.

Para acadar este obxectivo executáronse 6 mesas temáticas, cada unha cunha intervención e un espazo de debate con axentes sociais e profesionais, para valorar as diferentes situacións que se producen entre os territorios, espazos decisorios ou ámbitos de competencia.

As xornadas serán abertas á cidadanía, ata completar o aforo, previa inscrición. 

Programa completo:

VENRES 14 DE NOVEMBRO

16.00h. Recepción a asistentes.

16.15h. Presentación Institucional
Interveñen:
Soledad Agra Tuñas
Deputada de Dereitos Civís
Goretti Sanmartín
Alcaldesa de Santiago de Compostela

16.30h. MESA 01: Acceso á vivienda para personas en situación de vulnerabilidade social ou irregular, e infravivienda
Palestra:
Ana Pardo Fernández – «O acceso á vivenda para persoas en situación de vulnerabilidade«
Directora en Galicia de Provivienda e Presidenta de EAPN-Galicia, Rede Galega contra a Pobreza
Modera:
Plácido Lizancos Mora
Arquitecto Profesor Titular na Escola de Arquitectura da UdC
Interveñen:
Mahyreth Johana Bravo Rangel. Participante do Programa Somos Acubillo
Brais Pérez Gómez. Coordinador do Proxecto Habita Rural da ONG Ecos do Sur
Lucas Pardo. Portavoz Nacional de Erguer. Estudantes da Galiza
Andrea Pérez Prego. Técnica do Programa de Inclusión Residencial da Fundación Secretariado Gitano

18.30h. Descanso

19.00h. MESA 02: A vivenda turística (VUT)
Palestra:
María José Piñeira – "Vivendas de uso turístico: do control á gobernanza intelixente"
Profesora titular do Departamento de Xeografía da USC
Modera:
Roi García Camba
Arquitecto en PlanificaciónTec
Interveñen:
Iago Lestegás Tizón. Concelleiro de Urbanismo e Vivenda do Concello de Santiago de Compostela
Valerio González Somoza. Arquitecto en EidoArquitectura
Antón Abelenda. Afectado por vivendas turísticas
María José Piñeira. Xeografía da USC

21.00h. Peche da sesión

SÁBADO 15 DE NOVEMBRO

9.15h. Recepción a asistentes.

9.30h. MESA 03: O mercado da vivenda
Palestra:
Javier Burón Cuadrado Director-Xerente de Navarra de Suelo y Vivienda S.A.U. [NASUVINSA]
Modera:
Laura Pato @le_petit_patito Arquitecta
Interveñen:
Emma Martínez de la Fuente. Presidenta de Agalin (Asociación Galega de Inmobiliarias)
Daniel González Pérez. Xuntanza pola Vivenda de Compostela
Andrés López Blanco. Plataforma Galega Vivenda Xa!
Andrei Quintiá Pastrana. Investigador da USC. Dereito á Vivenda
Javier Burón Cuadrado. Nasuvinsa

11.30h. Descanso

12.00h. MESA 04: Modelos de vivenda pública
Palestra:
Josep María Borell Bru – "IMPSOL. Construyendo comunidades y cambiando mentalidades"
Promoción y Gestión de Suelo do AMB -IMPSOL Barcelona
Modera:
Alberte Mera García
Xornalista NÒS Diario
Interveñen:
Alfonso Botana. Arquitecto-Urbanista
Carlos Alberto Garcia Novio. Avogado inmobiliario e urbanista en Ferroynovio avogados
Yolanda Larrubia García. IMPSOL/AMB
Susana Orzaz López. Arquitecta. Xefa da Oficina Técnica do IGVS

14.00h. Peche da sesión e pausa de comida

16.00h. MESA 05: Colaboración público-privada na xestión do solo e a promoción de vivenda asequible
Palestra:
Elga Molina Roig – "Nuevas políticas de vivienda en Navarra y fomento de la colaboración público-privada"
Directora Xeral de Vivenda do Goberno de Navarra
Modera:
Yolanda Larrubia García
Promoción y Gestión de Suelo do AMB -IMPSOL Barcelona
Interveñen:
Nacho González Torres. Xerente de Xesta Autopromoción
Luís Alberto Álvarez Freijido. Xefe da sección de Patrimonio da Deputación da Coruña
Josep María Borrell Bru. IMPSOL/AMB
Carlos Alberto Garcia Novio. Avogado inmobiliario e urbanista en Ferroynovio avogados

18.00h. Descanso

18.30h. MESA 06: Outros modelos de habitar/tenencia. Alternativas. Cooperativas de vivenda
Palestra:
Mikel Pau Casado Buesa e Antonio Reboredo Raposo – "Arquitectura y comunidad en el modelo de vivienda cooperativa en cesión de uso del Estado español"
Arquitectos en el Colectivo el Tinglao
Modera:
Miguel Ángel de la Peña Cristiá
Cooperativa O Fogar na Ulla
Interveñen:
Mariola Pazos Oviedo. Agrelar Consultora
Margarida Vázquez Vera. Outra Forma de Vivenda
Carmela Cons. Alvariza Colaborativas Compostela SCG
Nieves R. Brisboa. Presidente de LarLilás
Suso Cano. Galca Solucións Habitacionais
Xiao Varela Gómez. Hábitat Social Cooperativa

20.30h. Peche da sesión

Foro participativo

xornada crise habitacional yt.png