Promoción da igualdade de xénero - DATA LÍMITE: 28/04/2026
Convocatoria:
Convocatoria de propostas para promover a igualdade de xénero (CERV-2026-GE).
Obxectivos:
A convocatoria busca avanzar na igualdade de xénero na Unión Europea mediante accións en catro ámbitos prioritarios:
- Promover a conciliación da vida laboral e persoal, a distribución equitativa das responsabilidades de coidado, o desenvolvemento de políticas familiares por parte das empresas e a valorización do traballo no sector dos coidados (CERV-2026-GE-WORK-LIFE).
- Garantir a igualdade salarial entre mulleres e homes, apoiando a aplicación da Directiva de Transparencia Salarial (CERV-2026-GE-PAY-TRANSP-DIR).
- Apoiar a participación e representación igualitaria de mulleres e homes na toma de decisión económicas e políticas (CERV-2026-GE-EQUAL-PART-REP).
- Eliminar estereotipos de xénero en medios de comunicación e publicidade (CERV-2026-GE-GENDER-STEREO).
Cada solicitude de proxecto solo debe abordar un ámbito.
Entidades beneficiarias:
Entidades xurídicas, públicas ou privadas, establecidas nun país elixible (estados membros da UE ou países asociados ao Programa CERV). As organizacións con ánimo de lucro só poden participar xunto con entidades públicas ou privadas sen ánimo de lucro, e o proxecto pode ser nacional ou transnacional. Tamén poden participar outras entidades como socios asociados ou subcontratistas.
- Composición do consorcio: mínimo 2 solicitantes (beneficiarios).
- O coordinador só pode presentar unha proposta.
Gastos subvencionables:
Fináncianse actividades de formación e creación de capacidades para empregadores, profesionais e axentes sociais; accións dirixidas a promover a conciliación, a corresponsabilidade e a participación dos homes nos coidados; iniciativas para atraer homes ao sector profesional dos coidados; desenvolvemento de ferramentas e sistemas de reporte da fenda salarial e apoio técnico e formativo para a súa aplicación; programas de capacitación, orientación, mentoring e networking para mulleres candidatas ou representantes electas; medidas para avanzar no equilibrio de xénero en institucións políticas e nos consellos de administración; e accións de formación, sensibilización e códigos de conduta para combater estereotipos de xénero nos medios e na publicidade.
Non se financian proxectos centrados unicamente en investigación nin actividades dirixidas a partidos políticos.
Contía da subvención:
Importe por proxecto:100.000€ - 500.000 €.
A subvención concedida pode ser inferior ao importe solicitado.
Prazos:
Prazo de presentación de solicitudes: Convocatoria aberta ata 28 de abril de 2026 ás 17:00.
Documentación e bases:
Texto da convocatoria
CERV-2026-GE-WORK-LIFE
CERV-2026-GE-PAY-TRANSP-DIR
CERV-2026-GE-EQUAL-PART-REP
CERV-2026-GE-GENDER-STEREO
Máis información
Contacto:
Punto Europeo de Ciudadanía
Ministerio de Cultura
Plaza del Rey, 1
28004 – Madrid
Teléfono: +34 91 701 74 66
Email: pec.cultura@cultura.gob.es
Máis información:
OFICINA NEXT
Teléfonos: 881 045 900 / 617 675 400
Correo-e: nextdeputacion@dacoruna.gal
