Estás en:Emprego
Programa Cidadanía, Igualdade, Dereitos e Valores - CERV

Irmandamento de cidades - 23/09/2026

Irmandamento de cidades - 23/09/2026

Convocatoria:
Irmandamento de Cidades (CERV-2026-CITIZENS-TOWN-TT)

Obxectivos:
Esta convocatoria ten como obxectivo promover os intercambios entre a cidadanía de diferentes países, en particular mediante o irmandamento de cidades, para darlles experiencia práctica da riqueza e a diversidade do patrimonio común da Unión e conciencialas de que estes constitúen a base dun futuro común.

Entidades beneficiarias:
Entidades xurídicas (públicas ou privadas), coas seguintes condicións:
• A solicitante principal e a(s) súa(s) socia(s) asociada(s) deben ser un organismo público ou unha organización sen ánimo de lucro con personalidade xurídica formalmente establecida nun dos países elixibles.
• Deben ser cidades/concellos e/ou outros niveis de autoridades locais ou os seus comités de irmandamento ou outras organizacións sen ánimo de lucro que representen ás autoridades locais.
Países elixibles:
• Estados membros da UE (incluídos territorios de ultramar).
• Países asociados ou en proceso de asociación ao programa CERV.
Composición do consorcio:
• Só se permiten solicitudes de solicitantes individuais (beneficiarias individuais).
• As propostas deben incluír concellos de polo menos 2 países elixibles, dos cales polo menos un sexa un Estado membro da UE.
Outras condicións a ter en conta:
• As actividades deben ter lugar en calquera dos países elixibles que participen no proxecto.
• Os eventos deben involucrar un mínimo de 50 participantes directos, dos cales un mínimo de 25 participantes son "participantes internacionais convidados".

Gastos subvencionables:
Fináncianse, entre outras, as seguintes actividades: obradoiros, seminarios, conferencias, actividades de formación, reunións de persoas expertos, actividades de sensibilización, eventos culturais, festivais e exposicións, recompilación de datos e consultas, desenvolvemento, intercambios e difusión de boas prácticas entre as autoridades públicas e as organizacións da sociedade civil, desenvolvemento de ferramentas de comunicación e uso das redes sociais.

Contía da subvención:
Espérase que os orzamentos dos proxectos oscilen entre 8.455 € e 50.745 €.

Prazos:
Prazo de presentación de solicitudes: 06/05/2026 - 23/09/2026

Documentación e bases:
Texto da convocatoria
CERV-2026-CITIZENS-TOWN-TT
Máis información 

Contacto:
EACEA-CERV@ec.europa.eu

Punto nacional de contacto:
Ministerio de Cultura
Punto Europeo de Ciudadanía
Plaza del Rey, 1
28004 Madrid
Teléfono: 917 017 466
Correo-e: pec.cultura@cultura.gob.es

Máis información – Impulso local

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X