Estás en:Emprego

Subvencións para a dotación de refuxios climáticos no marco da Rede de Refuxios Climáticos - 15/10/2026

Subvencións para a dotación de refuxios climáticos no marco da Rede de Refuxios Climáticos - 15/10/2026

Convocatoria:
Concesión de subvencións para a dotación de refuxios climáticos no marco da Rede de Refuxios Climáticos – FUNDACION BIODIVERSIDAD

Obxectivos:
Cofinanciar actividades que contribúan a unha transición ecolóxica e que fagan fronte ao desafío do cambio climático e a conservación do patrimonio natural, apoiando o acondicionamento e adecuación de espazos interiores destinados a converterse en refuxios climáticos e integrarse na Rede de Refuxios Climáticos, a través de tres liñas de axuda diferenciadas:
• Liña A), para a adecuación de equipamentos como refuxios individuais.
• Liña B), para a adecuación de equipamentos para a creación de redes de refuxios.
• Liña C), para a mellora da adaptación climática de centros educativos habilitados como refuxio.

Entidades beneficiarias:
-Para a liña A):
• Entidades e organizacións públicas e privadas sen ánimo de lucro.
• Administracións públicas.
• Organismos públicos de investigación.
• Universidades públicas.
• Colexios profesionais.
-Para as liñas B) e C) Administracións Públicas.
Para obter a condición de beneficiarias, as entidades deberán ser titulares de dereitos reais que permitan realizar a actividade obxecto da subvención e que permita acreditar a dispoñibilidade dos espazos destinados a refuxios climáticos, incluíndo propietarias en pleno dominio, arrendatarias ou aquelas que ostenten calquera dereito de uso ou concesión.

Gastos subvencionables:
Consideraranse gastos subvencionables aqueles que, de maneira indubidable, estean relacionados coa actividade obxecto da axuda, sexan necesarios para a súa execución, foran contraídos durante o período de execución aprobado para cada proxecto beneficiario e se atopen efectivamente pagados con anterioridade a finalización do período de xustificación, suxeitos a prezos de mercado e que se destinen a:
a) Gastos de persoal.
b) Gastos de viaxes e manutención.
c) Gastos de asistencias externas.
d) Gastos de material inventariable: No suposto de adquisición, construción, rehabilitación e mellora de bens inventariables, destinaranse ao fin concreto para o que se concedeu a axuda durante cinco anos en caso de bens inscribibles nun rexistro público e tres anos para o resto de bens.
e) Gastos de material funxible directamente vinculados a actividade obxecto da axuda.
f) Outros custos non contemplados nos anteriores apartados que deriven da actuación e que sexan necesarios para a súa execución.

Contía da subvención:
A axuda económica que se conceda financiará ata o 80 % do orzamento para as tres liñas.
Na liña A) o máximo de axuda a solicitar por proposta será de 50.000,00 €.
Na liña B) o máximo de axuda a solicitar por proposta será de 300.000,00 €.
Na liña C) o máximo de axuda a solicitar por proposta será de 250.000,00 €.

Prazos:
Prazo de presentación de solicitudes: 28/07/2026 - 15/10/2026

Documentación e bases:
Bases reguladoras
Texto da convocatoria
BDNS
Máis información e Sede electrónica

Contacto:
Fundación Biodiversidad
C/ de las Peñuelas, 10
28005 Madrid
Teléfono: 911210920
Email: proyectos@fundacion-biodiversidad.es

Máis información - Impulso local

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X