A Deputación concede preto de 104.000 € en axudas a 26 asociacións veciñais e de mulleres rurais
A Deputación publica hoxe no Boletín Oficial da Provincia a resolución definitiva da concesión de 103.927,00 € a un total de 26 asociacións veciñais e entidades de mulleres rurais da provincia. O obxectivo desta liña de subvencións é cofinanciar a realización de diversas actividades de promoción económica e dinamización comunitaria ao longo do ano 2026.
Estas axudas teñen un forte compoñente local, xa que se destinan exclusivamente a entidades situadas en municipios con menos de 50.000 habitantes; isto é, a todos os concellos exceptuando as cidades da Coruña, Santiago e Ferrol. A través delas, a Deputación sufraga programas moi diversos que van desde obradoiros de memoria, cursos de ximnasia ou actividades de envellecemento activo, ata encontros veciñais tradicionais, viaxes culturais e xornadas formativas.
A deputada de Medio Rural e Mar, Cristina Capelán, destacou a importancia de apoiar o asociacionismo local, xa que "estas achegas directas permiten que a veciñanza de parroquias e pequenos municipios dispoña de actividades de convivencia, aprendizaxe e lecer. Fortalecer o tecido asociativo é fundamental para fixar poboación".
Distribución das axudas por entidades
A resolución definitiva contempla investimentos que alcanzan o 80% do orzamento total subvencionado en moitos dos proxectos aprobados. Entre as iniciativas integradas atópanse propostas como os encontros veciñais en Serantes, o programa de envellecemento activo para mulleres en Tordoia, os obradoiros de reciclaxe creativa en Presaras ou as actividades de estimulación cognitiva e física en Frades e Coristanco.
A listaxe completa de entidades beneficiarias, xunto co obxecto do proxecto e o importe definitivo concedido, é a seguinte:
A Ponderosa Aso. p/ Prom. e Desenv. Muller e Familias de Anxeriz – Programa anual de promoción do envellecemento activo, saúde física e emocional e dinamización comunitaria en Tordoia – 5.000,00 €
A.VV. O Souto de Arcos-Mazaricos – Viaxe de lecer á Exposición da Semana Verde de Silleda – 1.220,00 €
A.VV. Os Labregos de Abella – Realización de actividades formativas e de lecer – 2.028,00 €
A.VV. Parroquia de Coristanco San Paio – Programa "Actívate" – 2.500,00 €
A.VV. Pueblo de Serantes – Encontros veciñais participativos baixo o formato tradicional do serán para dinamizar a vida comunitaria – 3.280,00 €
A.VV. San Esteban de Sueiro-Culleredo – Programa de dinamización veciñal e cohesión social en Sueiro 2026 – 1.200,00 €
A.VV. San Mamede de Monte O Outeiro – Proxecto "As bailas a sombra" – 1.440,00 €
A.VV. San Xoán de Laíño – Programa de convivencia intermunicipal e intercambio asociativo en Ribadavia 2026 – 1.400,00 €
A.VV. Santaia de Gorgullos – Proxecto "Actívate en Gorgullos!" – 6.230,00 €
A.VV. Sta. María de Papucín de Frades – Actividades para manter a saúde física e mental – 6.960,00 €
Asoc. de Veciños San Xens de Entrecruces – Subvención para actividades da asociación de veciños – 8.800,00 €
Asoc. de Veciños de Lamas-Ameixenda – Información, prevención e sensibilización en materia de calidade da auga de consumo humano – 2.361,92 €
Asoc. Veciñal de Cando Feira dos Carros – Actividades culturais e participativas para preservar a memoria viva da parroquia – 10.000,00 €
Asociación Cultural e Veciñal Salgueiras Mira – Comida veciñal, actividades de ximnasia, taller de memoria e viaxe cultural – 6.737,08 €
Asociación de Mulleres Cabanas Rural – Axuda para a realización da actividade "A Fía La" – 1.600,00 €
Asociación de Mulleres Os Hórreos – Escola de Memoria – 2.150,00 €
Asociación de Mulleres Rurais A Xungueira das Encrobas – Actividades formativas de integración social – 7.600,00 €
Asociación de Veciños e Cultural de Montaos – Talleres para fomentar a socialización e crear redes de vínculos entre a veciñanza – 4.200,00 €
Asociación de Veciños O Casal – Actividades formativas e de lecer – 1.240,00 €
Asociación de Veciños San Campio – Actividades de impulso e dinamización social no contorno rural (orzamento reformulado) – 4.600,00 €
Asociación Mujeres de Tordoia Pedralonga – Actividades formativas, de lecer e envellecemento activo – 2.400,00 €
Asociación Mulleres Ártabras – Actividades para o empoderamento das Mulleres Ártabras 2026 – 2.000,00 €
Asociación Terceira Idade de Frades – Cursos de pilates, memoria e baile – 7.920,00 €
Asociación Veciñal Deportiva Cultural e Recreativa de Castro e Laxe – Dinamización social, fomento de hábitos saudables e coidado do patrimonio – 2.560,00 €
Asociación Veciñal e Cultural de Nogueira – Programa de actividades formativas, cohesión social e mellora da calidade de vida – 4.900,00 €
Asociación Veciños e Veciñas de Présaras – Curso de manualidades creativas e reciclaxe – 3.600,00 €
