Estás en:Emprego

Iniciación á agroecoloxía. Deseño e manexo de hortos de autoconsumo (COD. 2505)

Iniciación á agroecoloxía. Deseño e manexo de hortos de autoconsumo  (COD. 2505)

Formulario de inscrición

Sede/Modalidade:

En liña.

Duración:

50 horas lectivas.

Datas e horarios:

A plataforma de teleformación estará aberta do 3 de novembro ao 5 de decembro de 2025.

Prazas:

50 prazas.

Destinatarios/as:

Calquera persoa con domicilio na provincia da Coruña interesada no contido do curso.

Obxectivos:

  • Iniciarse na agroecoloxía e a súa aplicación no deseño e xestión de hortos.
  • Coñecer as principais diferenzas entre a agricultura convencional e os distintos estilos de agricultura ecolóxica.
  • Coñecer iniciativas de hortos agroecolóxicos e urbanos.
  • Obter os coñecementos básicos para deseñar e manter un horto de autoconsumo.
  • Acadar coñecementos para potenciar a autoxestión nos nosos hortos: reciclaxe de materiais, obtención de sementes...

Contido:

1. Introdución á agroecoloxía.

2. A importancia do solo e a fertilización.

3. Biodiversidade e manexo de pragas e enfermidades.

4. Deseño e planificación da nosa produción.

5. Labores e mantemento do noso horto de autoconsumo.

Certificado:

O alumno/a que visualice completamente todas as leccións e realice, coa puntuación mínima que se
estableza, todos os test e probas das que conste a acción formativa, terá dereito a certificado de
participación no curso.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X