Medo en cans acollidos en protectoras (Cód. 2503-01)

Formulario de inscrición
Sede/Modalidade:
Presencial. A Coruña.
Duración:
16 horas lectivas.
Datas e horarios:
18 e 19 de outubro, de 9:30 a 14:30 e de 16:00 a 19:00 horas.
Prazas:
40 prazas.
Destinatarios/as:
Persoas con domicilio na provincia da Coruña que traballen, ou colaboren, con protectoras de animais.
Debe indicarse con que protectora se traballa ou colabora.
Outras persoas, con domicilio na provincia da Coruña, interesadas na protección animal.
Obxectivos:
- Aprender os mecanismos do medo e o estrés.
- Coñecer a comunicación canina como ferramenta para reducir o medo.
- Desenvolver estratexias de enriquecemento ambiental e cambios nun centro canino para mellorar o benestar animal, reducindo o medo e o estrés.
- Deseñar terapias e exercicios para axudar a cans con medo en un albergue.
- Aumentar a probabilidade de adopción de cans con necesidades especiais e como preparalos para a vida fóra do albergue.
- Diminuír o risco relacionado coa agresividade en voluntarios e traballadores de protectoras.
- Formar as persoas voluntarias que achegan casa de acollida.
Contido:
1. A comunicación canina.
2. Identificar o medo e as súas distintas intensidades.
3. Axudar a cans con medo e estrés nun albergue.
4. Plans para melloras do benestar en xeral nun albergue.
5. Cans en casas de acollida.
6. Análises prácticas.
Certificado:
O alumno/a que asista, como mínimo ao 75% das clases lectivas, terá dereito a certificado de
participación no curso.