Estás en:Emprego

Medos Romero

#AVoltaÁProvinciaEn52Autoras

Medos Romero

Obra poética

Remedios Fernández Romero, coñecida como Medos Romero, nada en Somede (As Pontes de García Rodríguez), é unha escritora galega.
Diplomouse en Enfermaría na Universidade de Santiago de Compostela, e traballou como enfermeira nas Pontes de García Rodríguez e en Ferrol. Na actualidade reside en Lourido (Valdoviño).

Ten colaborado en diversas revistas, como A Xanela e Festa da Palabra Silenciada. Foi unha das poetas que se circunscribiu á chamada Xeración dos 90 aínda que o fixo por data de produción, xa que a súa obra comezou a publicarse nos anos clave do boom da poesía escrita por mulleres.

Obra:

Poesía

• Rendéome no tempo (1998).
• Ámome en por min (1999). [GAL/8474]
• O peso da derrota (2000). [GAL/12941]
• Lenzo das madrugadas (2003)
• O pozo da ferida (2006) [GAL/12803]
• A seitura dos tristes (2006)
• Do corpo e a súa ausencia (2010).
• A ansia do lóstrego (2012)
• Hortensia (2020).
• O sol era Ela (2021).

Narrativa

• Dubido se matei a Lena (2000). [GAL/9248]
• O trevo da sorte (2003).

Obras colectivas

• Narradoras (2000). [3M/17135]
• Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (2003). [GAL/10558]
• Dez anos de poesía nas Pontes (2013)
• Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto (2013)
• 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015).

Premios

• Premio Miguel González Garcés no 2006, por O pozo da ferida.
• XIX Premio de Poesía Afundación no 2021, por O Sol era ela.
• Premio da Crítica de poesía galega no 2022, por O Sol era Ela.

Para saber máis...

Blog da autora

Ficha na AELG

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X