Estás en:Emprego

Ánxeles Penas

#AVoltaÁProvinciaEn52Autoras

Ánxeles Penas

Ánxeles Penas García, poeta e artista plástica galega, naceu en Teixeiro (Curtis) no 1943.

Licenciada en Filosofía e Letras e en Belas Artes, fixo tamén estudos de música no Conservatorio da Coruña e de Maxisterio. No ámbito plástico ten a dobre faceta de escultora e pintora, tendo fundado no 1975 o Grupo de Arte Experimental A Carón. É membro de AULIGA, e pertence ao Consello asesor da revista Serta, da UNED.
Colaborou en diversas revistas e xornais como autora e crítica de arte. Ten estudado a Cunqueiro, Celso Emilio, Rosalía de Castro, Xohana Torres, Grandío e Laxeiro, e colaborou en publicacións sobre artistas plásticos galegos.

Na Biblioteca podes atopar as seguintes obras da autora:

POESÍA:
• Amor deshabitado [GAL/13537]
• Con los pies en la frontera [EL/384].
• Galicia fondo val [BM/480]
• Perfís poéticas [GAL/12842]
• O Santuario intocable [GAL/12914]
• Ya soy para tu muerte [EL/433 e EL/563]

OBRAS SOBRE ARTISTAS PLÁSTICOS:
• Costa, Alfonso. Alfonso Costa / [textos Anxeles Penas, Eva Veiga]. GAL/13623
FGA/284 R.88318 Ded. autógr. del autor
• REALISMOS, expresionismos, abstracciones. FGA/30/14

AUDIOVISUAL:
• DE aconteceres lonxanos, arumes de xentes e terra [DVD] : José Sánchez Anido, José Martínez Pardo, Ánxeles Penas / [guión, Manuel Villar ; realización Carlos de Novoa, una producción de Click Solution]. FN 929 DEA (Galicia) FONDO

CAM-MM:
• Ya soy para tu muerte  MM SD 860-1 PEN yas 
• Perfís e poéticas MM SD 869.9-1 PEN per 
• Amor deshabitado MM SD 869.9-1 PEN amo

POEMAS PUBLICADOS EN REVISTAS:
• Elegía en Dirdam. En: Barcarola. 
• Galicia : [poesía] En: Nordés. 

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X