Estás en:Emprego

Subvencións

Programa FO208/2026 – Programa de subvencións a concellos para financiar a supresión da simboloxía franquista nos espazos públicos, a realización de actividades e sinalización de espazos de recuperación de la memoria democrática, para o ano 2026,

A Deputación da Coruña convoca o Programa FO208/2026, dirixido aos concellos da provincia con menos de 10.000 habitantes, para apoiar actuacións relacionadas coa supresión da simboloxía franquista, a recuperación da memoria democrática e a sinalización de espazos de homenaxe.

Publicación oficial

Bases reguladoras: BOP nº 41, do 3 de marzo de 2026.

Extracto da convocatoria: BOP nº 45, do 9 de marzo de 2026.

Obxecto da subvención

As axudas destínanse a financiar:

  • Retirada de escudos, placas, insignias, estatuas ou mencións de exaltación franquista, e restauración do ben municipal afectado.
  • Actividades de divulgación da memoria democrática: charlas, cursos, congresos, publicacións, exposicións, etc.
  • Sinalización e mantemento de espazos de memoria, incluíndo placas e paneis informativos (co logotipo da Deputación e a frase obrigatoria "Vítimas do golpe de estado fascista de 1936").
  • Actos de homenaxe e recoñecemento público ás vítimas da represión entre 1936 e 1978.

Ámbito temporal

As actividades obxecto deste programa deben realizarse no periodo comprendido entre o 1 de xaneiro de 2026 e o 31 de decembro de 2026.

Contía das axudas

  • Importe subvención a conceder: mínimo 3.000 €, máximo 10.000 €.
  • Importe do orzamento de gastos: mínimo 3.750 €, máximo 12.500 €.
  • Porcentaxe subvencionable: entre o 20% e o 80% do gasto total.
  • Só se admiten gastos correntes (non investimentos).

Conceptos de gasto

  • 600 Compras de bens destinados á actividade (material non inventariable)
  • 607 Traballos realizados por outras empresas para o desenvolvemento da actividade
  • 621 Arrendamentos
  • 622 Reparación e conservación de equipamento ou material
  • 623 Servizos de profesionais independentes
  • 627 Publicidade e propaganda
  • 640 Soldos e salarios vinculados á actividade subvencionada
  • 642 Seguridade Social a cargo da entidade vinculada á actividade subvencionada

Prazo de solicitude

Do 16 de marzo de 2026 ás 08:00 h ao 16 de abril de 2026 ás 14:00 h.

A tramitación realizarase exclusivamente a través da plataforma SUBTEL, accesible desde a sede electrónica da Deputación: https://sede.dacoruna.gal

Beneficiarias
Concellos da provincia da Coruña con menos de 10.000 habitantes que cumpran os requisitos das bases e da Ordenanza Xeral de Subvencións.

Documentación destacada

  • Memoria descritiva do proxecto.
  • Anexo fotográfico dos elementos a retirar ou do espazo a sinalizar.
  • Certificacións de estar ao corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social (ou autorización de consulta).
  • Acordo municipal de solicitude.
  • Acreditación da delegación da Alcaldía/Presidencia
  • Declaracións: cumprimento de requisitos, compromiso coa lingua galega e non sexista, difusión, comprobación delitos contra a liberdade sexual no caso de actividades que implique o contacto con menores. 

Obrigas principais

  • Uso da lingua galega en toda a comunicación e materiais.
  • Difusión do apoio da Deputación en todos os soportes.
  • Invitación á Deputación aos actos de inauguración ou homenaxe.