Estás en:Emprego
EBIBLIODACORUNA

Sesións de formación presenciais da EBIBLIODACORUNA na túa biblioteca.

Sesións de formación presenciais da EBIBLIODACORUNA na túa biblioteca.

Dende a Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña lanzamos as segundas sesións de formación presenciais da EBIBLIODACORUNA na túa biblioteca.

Despois de quedar en lista de agarda na primeira convocatoria, abrimos unha segunda convocatoria para os concellos que no tiveron formación  presencial neste ano 2026.

Os obradoiros son de balde para os vosos centros, só teredes que encargarvos da difusión e a inscrición das persoas participantes, así como ter o espazo preparado para a formación o día que se acorde.
As sesións terán unha duración de 2 horas como máximo e poden participar ata 15 persoas.

Os espazos deben contar con conexión a internet. Están orientadas a persoas maiores de 14 anos, que teñan móbil con conexión a internet e que queiran descubrir unha nova ferramenta gratuíta que lles vai acompañar no seu día a día.

A EBIBLIODACORUNA é a plataforma gratuíta de préstamo dixital de libros, películas, audiolibros, prensa e outros materiais que a Deputación da Coruña pon ao servizo de todas as persoas lectoras da provincia. Levar a biblioteca contigo, no teu móbil as 24 horas do día e os 365 días do ano. Unha ferramenta de balde, na que podes autoxestionar os teus préstamos, suxestións e mesmo conversar e intercambiar opinións con outras persoas. Recordamos os contidos que imos tratar:


0. Benvida e presentación.
1. Como inscribirse e como acceder.
2. Como navegar pola plataforma e cales son as súas funcionalidades.
3. Posibilidades de lectura (online, offline e mediante descarga DRM).
4. Política de préstamos.
5. Como enviar suxestións de compra. Mellores prácticas.
6. Como acceder e participar no club de lectura.
7. Próximas convocatorias de clubs de lectura.

Se estades interesados nestes obradoiros podedes contestar a este mesmo correo e indicar as datas que mellor se vos axusta a vosa biblioteca, o mes ( novembro ou decembro) e horario, e porémonos en contacto de novo con vós.
Tedes de prazo ata o día 16 de outubro de 2026 para manifestar o voso interese nesta formación.
Quedamos á vosa disposición para calquera dúbida en
biblioteca.web@dacoruna.gal ou no 981 415  716

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X