A tiro de verso : Obradoiro para ler poesía
Volve a poesía ao vivo na Biblioteca Provincial!
Obradoiro para ler poesía "A tiro de verso".
Catro xoves de outubro ás 19 h.
Da man de Dores Tembrás e coas poetas: Eva Veiga, María Lado, Anxo Angueira e Noelia Gómez
Inscricións: Dende o 24 de setembro aquí
Sesións: catro, os xoves de outubro
Periodicidade: semanal
Duración das sesións: 2h.
Datas dos encontros: 8, 15 e 22 e 29 de outubro de 2026.
- Lugar: Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña. Rúa Rego de Agua, 37 15001 A Coruña
Reeditamos o obradoiro que estreamos en 2022 e que sempre é un éxito de convocatoria e participación.
Volverá ser un espazo para achegarse á palabra poética, fornecido de lecturas que abranguen dende a obra de González Garcés ata a poesía última.
Dirixido a persoas interesadas en aproximarse ou afondar na poesía galega e en adquirir ferramentas para gozar da súa lectura.
Atallar os prexuízos co xénero e afondar no acontecemento poético, atendendo a teorías que nos poñan en contacto coas poéticas máis relevantes das últimas décadas.
Todo isto para deternos en conceptos como silencio, música do poema, poder de suxestión, evocación, corte do verso, imaxe...
Información e contacto:
biblioteca.info@dacoruna.gal 981 415 175 / 981 415 176
