Estás en:Emprego

Alén do Castelao: Xornadas profesionais de BD 2026

A Biblioteca Provincial acolle os vindeiros 29 e 30 de setembro as xornadas profesionais de Banda Deseñada Alén de Castelao, cun enfoque didáctico e buscando afondar na profesionalización do sector.

Alén do Castelao: Xornadas profesionais de BD 2026

Alén do Castelao : Xornadas profesionais de BD

Alén do Castelao son unhas xornadas sobre edición e desenvolvemento de proxectos de BD cun enfoque didáctico e buscando afondar na profesionalización do sector.
O nome da actividade fai referencia ao Premio Castelao de Banda Deseñada, o principal certame de cómic de Galicia.
Durante dúas tardes consecutivas contaremos con clases maxistrais e obradoiros nos que intervirán persoas cun amplo percorrido no mundo da BD, achegando información e experiencias subliñables e contestando dúbidas e cuestións do público asistente.

  • PÚBLICO OBXECTIVO: Persoas creadoras de BD, tanto profesionais como amadoras.
  • LUGAR: Biblioteca Provincial da Coruña, na Sala Manuel López (no soto). Rúa Riego de Agua 37, 15001 A Coruña
  • MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓN: www.autoban.gal/xornadas26
  • INSCRICIÓN: A inscrición é gratuíta, e está dispoñible desde o 16 de setembro de 2026
  • PRAZAS: O número de prazas é limitado (25 persoas). As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
  • ORGANIZA: Deputación da Coruña, coa colaboración da Biblioteca Provincial. Coordina a actividade a Asociación Cultural Autobán.
  • CONSULTA O PROGRAMA COMPLETO AQUÍ: Programa_XornadasBD_ATBN26_Paxinas.pdf

Participan

Martín Romero

Boiro, 1981
Ilustrador, autor de cómics e director de animación.
Como ilustrador realiza traballos que van dende o ámbito publicitario ata o editorial. As súas novelas gráficas Las fabulosas crónicas del ratón taciturno (2011), Episodios Lunares (2015) e La deuda (2017) foron publicadas tanto en España como en Francia. Actualmente está desenvolvendo a serie de cómics infantís Uxío. No eido audiovisual dirixiu as curtas La noche (2017) e To bird or not to bird (2023), gañadora do Goya a Mellor Curtametraxe de Animación na edición de 2004.

Miguel Porto

Vigo, 1980
Autor de BD, debuxante e profesor de técnicas dixitais, narrativa e proxectos, na escola profesional de BD O Garaxe Hermético.
Na BD os seus traballos máis coñecidos son Allen Son of Hellcock (2016), con guión de Will Tracy e Gabe Koplowitz, e Subnormal (2020), con guión de Fernando Llor. Como debuxante ten traballado en diversos campos como, o editorial, prensa, a publicidade, os videoxogos (A Place for the Unwilling), ou como fondista en animación (Robot Dreams).

Natalia Mosquera

Pontevedra, 1982
Licenciada en Historia en Santiago de Compostela.
No eido da edición traballou en Editorial Planeta durante cinco anos, onde aprendeu o bo e o malo dun xigante editorial, e despois en Ediciones La Cúpula, onde leva trece felices anos editando a Uxía Larrosa, Luis Yang, Anabel Colazo, Manel Cráneo e Teresa Ferreiro, entre outros.

Xulia Pisón

A Coruña, 1985
Xulia Pisón é autora de cómics e ilustradora. Desenvolve a maioría do seu traballo no campo da divulgación científica con obras como a triloxía Microalgas ou a máis recente Proteínas.
A súa última obra, STONS, acaba de ser publicada este verán.

Programa

Xornada martes 29 de setembro

17:20 BENVIDA E PRESENTACIÓN DA XORNADA
17:30 CLASE MAXISTRAL
          Cor e Narrativa na BD
          Participa Miguel Porto
         Como planificar o roteiro de cor para un proxecto de BD, pensando as súas harmonías, paletas, e motivos para que apoien a narrativa. Entendendo a cor nos seus aspectos fundamentais, a súa psicoloxía, e as            súas funcións.
18:45 PAUSA
19:00 OBRADOIRO
          Gravado en pedra: Obradoiro de carvado e BD
          Participa Xulia Pisón
         Obradoiro de creación de banda deseñada con recursos sinxelos como selos artesanais. Partindo de STONS, exploraremos como levar personaxes e deseños máis alá da páxina e ampliar o universo gráfico               dun proxecto de BD.

Xornada mércores 30 de setembro

17:20 BENVIDA E PRESENTACIÓN DA XORNADA
17:30 CLASE MAXISTRAL
          Quen quere publicar o meu cómic?
          Participa Natalia Mosquera
          Claves do mercado editorial actual. Que busca e que precisa unha editorial tradicional. Como abordala para que o teu proxecto atope un fogar.
18:45 PAUSA
19:00 CLASE MAXISTRAL
          Formas de construír unha historia: Procesos de creación entre a banda deseñada e a animación
          Participa Martín Romero
         A partir de tres dos seus cómics e dunha curtametraxe, Martín Romero comparte diferentes procesos de creación: desde libros compostos por historias independentes ata novelas gráficas de narración                       continua,  pasando por estruturas fragmentadas. A sesión aborda como nacen as ideas, como a estrutura se descobre ao longo do propio proceso e como cada proxecto acaba atopando a súa propia forma                 narrativa.

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X