Píldora Seguridade: Seguridade en viaxes e vacacións
Boas prácticas en seguridade da información

PÍLULAS FORMATIVAS
Boas prácticas en seguridade da información
Seguridade en viaxes e vacacións
Durante as viaxes e as vacacións tamén aumentan os riscos de ciberseguridade. Protexe os teus dispositivos e a túa información seguindo unhas sinxelas medidas de prevención.
Conéctate con seguridade
As redes Wi-Fi públicas poden ser utilizadas por ciberdelincuentes para interceptar información.
- ✓ Evita acceder á banca electrónica ou a servizos con información sensible desde redes Wi-Fi abiertas.
- ✓ Se é posible, utiliza a conexión de datos móviles.
Protexe os teus dispositivos
- ✓ Bloquea sempre o móbil e o portátil mediante PIN, contrasinal ou biometría.
- ✓ Mantén o sistema operativo e as aplicacións sempre actualizados.
Evita roubos e fraudes
- ✓ Non deixes nunca os teus dispositivos sen vixilancia.
- ✓ Evita cargar o móbil en portos USB públicos; utiliza o teu propio cargador ou unha batería externa.
- ✓ Desconfía das mensaxes que simulan reservas, compañías de transporte ou ofertas de vacacións e que solicitan datos persoais ou pagos urxentes.
Lembra!
Uns segundos de precaución poden evitar a perda dos teus dispositivos, dos teus datos e da túa información persoal.