Aberto o prazo para solicitar as accións formativas contidas na 2.ª convocatoria anticipada extraordinaria do Plan de formación agrupado do ano 2026 da Deputación Provincial da Coruña
Está aberto o prazo para solicitar as accións formativas da segunda convocatoria anticipada e extraordinaria do Plan de formación agrupado 2026 e que van dirixidas ao persoal funcionario e laboral das entidades locais da provincia que asinaron a súa adhesión ao dito plan.
É un requisito imprescindible para poder participar nestas accións formativas, tal e como se recolle nas bases da convocatoria, atoparse en situación de servizo activo, tanto no derradeiro día do prazo de presentación das solicitudes da respectiva convocatoria como no día de inicio da acción formativa da que se trate.
O prazo de presentación de solicitudes desta nova convocatoria remata o próximo luns, 10 de agosto de 2026, ás 14:00 horas.
A continuación achegamos as seguintes ligazóns de interese:
Cadro das accións formativas / cursos de formación que se van realizar nesta convocatoria: VER CADRO
Forma e prazo de presentación de solicitudes de participación:
As solicitudes deberán presentarse no espazo habilitado a tal efecto na plataforma SUBTel, dentro do menú de Plan de formación, no apartado de Solicitudes. Pode acceder a Subtel no seguinte enderezo:
