Estás en:Emprego
Outras convocatorias

Premios Europeos do Patrimonio / Premios Europa Nostra 2027 - 07/09/2026

Premios Europeos do Patrimonio / Premios Europa Nostra 2027 - 07/09/2026

Convocatoria:
Premios Europeos do Patrimonio / Premios Europa Nostra 2027, que recoñecen logros excepcionais na protección, conservación, investigación e promoción do patrimonio cultural, abarcando unha ampla gama de categorías e tipos de proxectos, desde o patrimonio material ao inmaterial.
Os Premios foron creados en 2002 pola Comisión Europea e desde entón xestiónaos Europa Nostra. Ademais, contan co apoio do Programa Europa Creativa da Unión Europea.

Categorías:
Invítase a presentar candidaturas nas cinco categorías seguintes:
1. Conservación e reutilización adaptativa
2. Investigación
3. Educación, formación e habilidades
4. Sensibilización e participación cidadá
5. Campións do patrimonio

Participantes:
As autoridades públicas poden presentar unha solicitude sempre que teñan dereito a representar a iniciativa ou sempre que incluísen na solicitude o consentimento do propietario do sitio ou colección patrimonial (para a categoría Conservación e Reutilización Adaptativa), do autor ou propietario do estudo ou proxecto (para as categorías Investigación, Educación, Formación e Habilidades, e Participación Cidadá e Sensibilización), ou do nomeado (para a categoría Campións do Patrimonio).

Premios:
Cada ano, os premios recoñecen ata 30 logros patrimoniais salientables, entre os que se inclúen ata cinco Grandes Premios. Cada gañador dun Gran Premio recibe un premio en metálico de 10.000 €. Ademais, outórgase o Premio do Público a un dos gañadores seleccionados mediante votación en liña organizada por Europa Nostra.
Os candidatos que obteñan os Premios, serán galardoados, non só coa cantidade en metálico que ascende a 10.000 euros, senón tamén con visibilidade polo recoñecemento europeo e a cobertura mediática, así como unha rede de contactos paneuropea de profesionais e expertos.

Prazos:
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 07/09/2026

Documentación e bases:
Documentos e información 
Webinar informativo "Como preparar unha candidatura aos Premios Europeos do Patrimonio / Premios Europa Nostra 2027" - Xoves, 27 de agosto de 2026 | 17.00–18.00 (CEST). Os seminarios web son gratuítos, pero a inscrición é obrigatoria.

Contacto:
Europa Nostra: info@europanostra.org

Punto de contacto nacional:
Oficina Europa Creativa - Capítulo Cultura
Ministerio de Cultura 
Plaza del Rey, 1, 1ª planta
28004 Madrid
europacreativa.cultura@cultura.gob.es
+34 91 701 71 15

Máis información - Impulso local

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X