Axudas a proxectos colectivos que contribúan a reforzar a xestión dos recursos da pesca costeira artesanal - 08/07/2026
Convocatoria:
Convocatoria para o ano 2026, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos que contribúan a reforzar a xestión dos recursos da pesca costeira artesanal para garantir unha actividade económica, social e ambientalmente sustentable.
Obxectivos:
Os proxectos que se presenten deben ter como finalidade mellorar a sustentabilidade na explotación dos recursos pesqueiros, garantindo a actividade a longo prazo con medidas de xestión pesqueira.
A citada finalidade deberá acadarse mediante algunha destas actividades:
a) Desenvolvemento e vixilancia de medidas técnicas de xestión, de carácter administrativo e/ou con integración do sector. Inclúense o desenvolvemento, aplicación e seguimento de plans de xestión e explotación dos recursos, o desenvolvemento tecnolóxico, a dixitalización e a adquisición de sistemas informáticos e equipamentos.
b) O seguimento do estado dos recursos aplicable á xestión de pesqueiras, incluíndo especies comerciais e accesorias.
c) Sistemas de recollida de información do estado dos recursos que mellore o seu coñecemento e a xestión sustentable.
Entidades beneficiarias:
Poderán ser beneficiarias das subvencións as confrarías de pescadores e federacións destas, as organizacións de produtores pesqueiros, as entidades asociativas xuridicamente recoñecidas e constituídas por profesionais do sector pesqueiro, e as entidades sen ánimo de lucro integradas exclusivamente polas confrarías de pescadores e federacións destas.
Gastos subvencionables:
a) Os gastos de persoal imprescindible asociado ao proxecto.
b) Os gastos de contratación de profesionais, empresas ou entidades prestadoras de servizos, incluídos os servizos necesarios para procurar o soporte, seguimento e históricos dos sistemas de posicionamento, seguimento, rexistro e monitorización.
c) Equipamentos de posicionamento xeográfico para os traballadores con tarefas de vixilancia ou de asistencia técnica.
d) Equipamento de mostraxe.
e) Os gastos de adquisición e administración de sistemas informáticos de recollida de datos, organizativos e de produción.
Contía da subvención:
O importe máximo das subvencións que se concedan en 2026 será de cinco millóns cen mil euros (5.100.000,00 €), distribuído en dúas anualidades:
• Anualidade 2026: 2.533.000,00 €.
• Anualidade 2027: 2.567.000,00 €.
Prazos:
Prazo de presentación de solicitudes: 09/06/2026 - 08/07/2026
Documentación e bases:
Bases reguladoras
BDNS
Sede electrónica
Contacto:
Consellería do Mar
Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Subdirección Xeral de Investigación e Apoio Científico-Técnico
Servizo de Xestión de Proxectos
Rúa dos Irmandiños, s/n - Salgueiriños
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981547483
Email: cma.dxdesenvolvemento@xunta.gal
