Estás en:Emprego
Outras convocatorias

Premios Regiostars 2026 - 22/05/2026

Premios Regiostars 2026 - 22/05/2026

Convocatoria:
Premio Regiostars 2026 aos mellores proxectos da política de cohesión que teñen un impacto significativo no desenvolvemento rexional en Europa.

Categorías:
Os premios adxudícanse a proxectos clasificados en cinco categorías, que se corresponden cos obxectivos da política de cohesión do actual período de programación (2021-2027):
• Categoría 1) UNHA EUROPA COMPETITIVA E INTELIXENTE: Promover a competitividade, a innovación e a resiliencia económica.
• Categoría 2) UNHA EUROPA VERDE: A transición ecolóxica como motor do desenvolvemento rexional.
• Categoría 3) UNHA EUROPA CONECTADA: Mellorar a mobilidade e a conectividade entre rexións.
• Categoría 4) UNHA EUROPA SOCIAL E INCLUSIVA: Lograr unha Europa máis inclusiva aproveitando o talento rexional.
• Categoría 5) UNHA EUROPA MÁIS PRÓXIMA Á CIUDADANÍA: Fomentar o desenvolvemento sostible de todos os tipos de territorios.

Proxectos admisibles:
Entre os proxectos admisibles inclúense os que reciben financiamento de:
• o fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
• o fondo de Cohesión (FC),
• o fondo Social Europeo (FSE) e o fondo Social Europeo Plus (FSE+),
• o fondo de Transición Xusta
• e calquera capítulo de Interreg.
Só serán admisibles os proxectos finalizados nos períodos de programación 2014-2020 e 2021-2027. Tamén se aceptan os proxectos e as iniciativas que combinan estes fondos con outros fondos da UE.

Participantes:
As solicitudes débeas presentar o promotor do proxecto (é dicir, a organización responsable da execución do proxecto). A solicitude debe incluír unha carta de aceptación da autoridade de xestión pertinente.

Premios:
Os proxectos gañadores das cinco categorías e o proxecto gañador do Premio do público serán premiados cunha campaña de comunicación local xestionada en cooperación con DG REGIO.

Prazos:
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 22/05/2026

Documentación e bases:
Documentos e información 
Sede electrónica 
Preguntas frecuentes 
Guía de solicitantes 

Contacto:
DG REGIO: REGIO-REGIOSTARS@ec.europa.eu

Máis información - Impulso local 

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X