Estás en:Emprego
Outras convocatorias

Subvencións para a contratación de persoal técnico de orientación laboral - 27/04/2026

Subvencións para a contratación de persoal técnico de orientación laboral - 27/04/2026

Convocatoria:
Subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de orientación laboral no exercicio 2026

Obxectivos:
Mellorar a empregabilidade das persoas demandantes de emprego.
Prestar servizos de orientación laboral e apoio ao autoemprego.
Crear unha rede especializada de orientación mediante contratación de persoal técnico.

Entidades beneficiarias:
•Entidades locais (non provinciais) ou dependentes delas, con:
≥200 persoas de paro medio en 2025, ou
agrupación de ≥3 concellos (ou 2 se hai fusión)
•Organizacións empresariais, sindicais e fundacións vinculadas con experiencia
•Entidades sen ánimo de lucro:
- Especializadas en discapacidade ou risco de exclusión
- Ou con fins sociais e experiencia mínima (2 anos en 5)
• Requisitos xerais:
- Dispoñer de locais adecuados e accesibles
- Medios técnicos (internet, conexión rede Xunta, equipos)
- Sistemas de seguridade de datos

Gastos subvencionables:
• Custos salariais e de Seguridade Social do persoal técnico
• Gastos xerais, materiais e técnicos
• Formación do persoal orientador
• Custos de auditoría (se procede)

Contía da subvención:
Ata 33.000 € por técnico/a (12 meses, xornada completa)
Módulos adicionais:
• 800 € (xeral)
• 2.700 € (casos específicos)
• 1.500 € (auditoría)

Prazos:
Prazo de presentación de solicitudes: 27/03/2026 - 27/04/2026

Documentación e bases:
Bases reguladoras
BDNS
Sede electrónica

Contacto:
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Servizo de Orientación Laboral
Santiago de Compostela
Teléfono: 981545292/ 881999598/ 981957764/ 981541563
Correo-e: orientacion.laboral@xunta.gal

MÁIS CONVOCATORIAS

Máis información:
OFICINA NEXT
Teléfonos: 881 045 900 / 617 675 400
Correo-e: nextdeputacion@dacoruna.gal

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X