Estás en:Emprego

“O xeo no que vivían desapareceu”

Tema: auga
Canción: "One Fine Day", Sting
...The ice they lived on disappeared...

“O xeo no que vivían desapareceu”

Ouro azul necesario para a vida.

A auga é un recurso natural con moitas vertentes. Por unha banda, a auga doce en abundancia supón contar cunha fonte de vida; por outra, a súa ausencia, escaseza ou tratamento inadecuado supoñen unha fonte de insalubridade, enfermidade, desigualdade, pobreza, fame, migración e conflito. A día de hoxe, como consecuencia do proceso de quecemento que está a vivir o planeta, estase rompendo o equilibrio do ciclo natural da auga, volvéndose máis impredicible e extremo, o que repercute no padrón de choivas, polo que se está asistindo a un cambio de paradigma: a auga está a converterse nunha mercadoría. Deste xeito, a auga pasou a ser obxecto de control e fonte de poder, entrando a formar parte da xeopolítica e deixando de lado a vertente que a considera un dereito e defende o seu acceso gratuíto, equitativo e universal.

O 22 de marzo é o Día Mundial da Auga. Esta data tamén conta con varias vertentes. Por unha parte, salienta as consecuencias da manipulación e da sobreexplotación da natureza pola humanidade: emisión de gases de efecto invernadoiro, aumento da temperatura, evaporación da auga dos océanos, desxeo dos glaciares, subida do nivel do mar, alteración e destrución de ecosistemas, dificultade de supervivencia dos animais salvaxes, secas, riscos de desertización, inundacións, produción de residuos, contaminación e crise hídrica. Por outra, difunde a necesidade de contar cunha xestión da auga baseada na sostibilidade e na distribución equitativa, contornas urbanas que conten con servizos básicos que coiden ás persoas e ao medio ambiente (fontes, baños...), infraestruturas adecuadas para o tratamento das augas (saneamentos, desalgadoras, potabilizadoras...), hábitos cotiáns responsables no consumo de auga e políticas de educación ambiental que sensibilicen sobre o uso eficiente dos recursos hídricos para garantir a súa conservación e sobre a necesidade de respectar á natureza, xa que toda a auga do planeta está interconectada, formando un único sistema vivo.

A selección de obras que acompaña ofrece unha breve panorámica de todas estas vertentes da auga e da súa problemática actual.

Para que o planeta azul non deixe de selo un bo día.

Vídeo

YouTube: https://youtu.be/jPpi4IsPoU4?si=HYHH-aKGczhTQtrm

Música
Spotify: https://open.spotify.com/intl-es/track/70irh1BLnXzi1sdVuHSZi7

Recomendacións lectoras
Papel:
La sed: una historia antropológica (y personal) de la vida en tierras de lluvia escasa, Virginia Mendoza [sinatura: 3M/8059]
La infancia del mundo, Miche Nieva [sinatura: 3A/5965]
El hambre: un recorrido por el otro mundo, Martín Caparrós [sinatura: 3K/619]
Mugre rosa, Fernanda Trías [sinatura: 3A/4394]
Cuchillo de agua, Paolo Bacigalupi [sinatura: 3S/10916]
Antártida: una llamada para un futuro sostenible, Sebastian Copeland [sinatura: 3M/20124]
El mar que nos rodea, Rachel Carson [sinatura: 3M/25403]
O corvo sobre a neve, Andrea Maceiras [sinatura: N 869.9 MAC cor / a]
Los mapas del agua, Ricardo Gómez [sinatura: N GOM map / v]
SOS monstruos verdaderos amenazan al planeta, Marie G. Rohde [sinatura: 574 ROH sos / r]
¿Por qué debo ahorrar agua?, Jen Green [sinatura: 502 POR / z]

Dixital:
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/el-futuro-del-agua-00469092
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/vidas-secas-00451401
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/el-agua-a-traves-del-tiempo-00443367
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/la-tierra-transformada-el-mundo-desde-el-principio-de-los-tiempos-00406096
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/como-estamos-acabando-con-el-planeta-guia-grafica-del-cambio-climatico-00406055
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/antropoceano-cuidar-los-mares-para-salvar-la-vida-00225825
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/somos-agua-que-piensa-00184870
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/la-ciudad-de-los-cuidados-00143286
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/el-manantial-00039461
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/el-ultimo-oso-00184805
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/waluk-00499126

 

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X