Renovación e/ou instalación de sistemas de depuración autónomos en concellos - DATA LÍMITE: 23/03/2026
Convocatoria:
Concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas á renovación e/ou instalación de ata un máximo de dous sistemas de depuración autónomos en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.
Obxectivos:
Contribuír a que as vivendas unifamiliares dos núcleos rurais illados xestionen adecuadamente as súas augas residuais domésticas mediante solucións de saneamento autónomo.
Entidades beneficiarias:
Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia que:
• Teñan autorización de vertedura ou a teñan solicitada antes da finalización do prazo de xustificación da subvención.
• Actúen en núcleos rurais illados de quince ou menos vivendas.
• No caso de solicitar ata dous sistemas, estes deberán situarse en dous núcleos rurais illados diferentes (≤ 15 vivendas cada un).
• Cumpran os requisitos da Lei 9/2007, estean ao día nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e non teñan débedas pendentes coa Administración autonómica nin con Augas de Galicia.
• Presenten unha única solicitude, asinada pola alcaldía ou persoa delegada.
Gastos subvencionables:
• Investimentos realizados desde o 1 de xaneiro de 2026 destinados á renovación e/ou instalación de ata un máximo de dous sistemas de saneamento autónomo.
• Rede de saneamento asociada ao sistema renovado e/ou instalado (sempre que se execute a renovación/instalación do sistema).
• Tributos efectivamente aboados cando non sexan recuperables (o IVE só será subvencionable se non é recuperable polo concello).
Contía da subvención:
A subvención cubrirá o 100% do investimento, ata esgotar o crédito, cos seguintes límites máximos por actuación:
◦ 7.500 € en núcleos rurais illados de menos de 4 vivendas unifamiliares.
◦ 15.000 € en núcleos rurais illados de entre 4 e 8 vivendas unifamiliares.
◦ 20.000 € en núcleos rurais illados de máis de 8 e ata 15 vivendas unifamiliares.
Estes límites aplícanse a cada actuación no caso de solicitar ata dous sistemas.
Prazos:
Prazo de presentación de solicitudes: 23/02/2026 - 23/03/2026
Documentación e bases:
Bases reguladoras
BDNS
Sede electrónica
Contacto:
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Dirección de Augas de Galicia
Santiago de Compostela
Teléfono: 981 541 632
Correo-e: xuridico.augas@xunta.gal
Máis información:
OFICINA NEXT
Teléfonos: 881 045 900 / 617 675 400
Correo-e: nextdeputacion@dacoruna.gal
