Axudas á apicultura - DATA LÍMITE: 02/03/2026
Convocatoria:
Axudas á apicultura, convocatoria para o ano 2026.
Obxectivos:
Establecer, en réxime de concorrencia competitiva, axudas destinadas á mellora das condicións xerais de produción e comercialización dos produtos apícolas, no marco da Intervención Sectorial Apícola recollida no Plan estratéxico nacional da política agrícola común (PAC).
Entidades beneficiarias:
• As persoas físicas ou xurídicas, ou entes sen personalidade xurídica, titulares de explotacións apícolas.
• As agrupacións de apicultores/as.
Gastos subvencionables:
Os gastos que poden ser subvencionados están definidos polas accións ou tipos de intervención e son os seguintes:
• Intervención 1: Servizos de asesoramento, asistencia técnica, formación, información e intercambio de mellores prácticas.
• Intervención 2: Investimentos en activos materiais e inmateriais.
• Intervención 3: Actuacións para prestar axudas aos laboratorios na análise de produtos apícolas, na perda de abellas ou nas caídas na produtividade, e de substancias potencialmente tóxicas para as abellas.
• Intervención 6: Promoción, comunicación e comercialización, incluídas as accións e actividades de vixilancia do mercado destinadas a sensibilizar os consumidores sobre a calidade dos produtos apícolas.
• Intervención 7: Actuacións para aumentar a calidade dos produtos.
Contía da subvención:
Intensidade da axuda: ata 60-90% do custo subvencionable en función da acción.
Importes máximos: de 15.000-60.000€ en función da acción.
Prazos:
Prazo de presentación de solicitudes: 31/01/2026 - 02/03/2026
Documentación e Bases:
Bases reguladoras
BDNS
Sede electrónica: solicitude de agrupacións de apicultores/as
Sede electrónica: solicitude individual de persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas.
Contacto:
Consellería do Medio Rural.
Servizo de Gandaría da Coruña
Teléfono: 981 184 565
Email: prodgandeiras.sscc.cmrm@xunta.gal
Máis información:
OFICINA NEXT
Teléfonos: 881 045 900 / 617 675 400
Correo-e: nextdeputacion@dacoruna.gal
