Estás en:Emprego

RRDDLL de medidas urxentes para enfrontar situacións de vulnerabilidade, Seguridade Social e revalorización das pensións públicas

XEFATURA DO ESTADO

Real decreto lei 2/2026, do 3 de febreiro, polo que se adoptan medidas urxentes para facer fronte a situacións de vulnerabilidade social, en materia tributaria e relativas aos recursos dos sistemas de financiamento territorial.
Exposición de motivos: "Polo que se refire ao ámbito do financiamento das entidades locais, regúlase a actualización das entregas a conta da participación das entidades locais nos tributos do Estado correspondente ao ano 2026 para a mellor aplicación dos modelos de participación das entidades locais en tributos do Estado nun contexto de prórroga dos Orzamentos Xerais do Estado, no que en 2025 se actualizaran mediante o citado Real decreto lei 6/2025, do 17 de xuño, as entregas a conta da participación en tributos do Estado das entidades locais. Deste xeito, asígnanse as mesmas entregas a conta de 2025 e apróbanse suplementos de crédito sobre os orzamentos prorrogados de 2023, por idénticos importes aos recolleitos no artigo 7 do indicado Real decreto lei 6/2025, do 17 de xuño".

Real decreto lei 3/2026, do 3 de febreiro, para a revalorización das pensións públicas e outras medidas urxentes en materia de Seguridade Social.

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X