“Le atentamente, porque aquí tes información”
Tema: xornalismo en galego
Canción: "Extra!", Paco Nogueiras
Imaxe: "O Tío Marcos d'A Portela: parrafeos c'o Pobo Gallego", ano 1, núm. 1, 1876, facsímile (sinatura HM 246)
Información en galego.
Esta semana cúmprense 150 anos da saída á rúa do primeiro xornal redactado enteiramente en lingua galega. O 7 de febreiro de 1876 saía do prelo na cidade de Ourense O Tío Marcos d'A Portela. Trátase dun periódico satírico, de opinión e de corte reivindicativo, á venda nas feiras e mediante subscrición, que alcanzou unha gran popularidade no seu tempo. Contou con ao redor dos cincocentos números e chegou a ter unha tiraxe de 4.000 exemplares, o que a converteu na publicación con maior duración da primeira etapa da prensa en galego, e o primeiro proxecto de éxito entre os medios de comunicación de masas en lingua galega.
Este periódico foi promovido por Valentín Lamas Carvajal, xornalista e escritor ourensán, quen o dirixiu, e tamén asinou, baixo diferentes pseudónimos, unha gran parte dos seus artigos. Igualmente, contou entre os seus colaboradores, cos principais autores galegos do Rexurdimento.
A data na que viu a luz O Tío Marcos d'A Portela foi a escollida para conmemorar o Día dos Medios en Galego. Esta celebración quere darlles visibilidade aos medios que empregan a lingua galega e informan sobre o que acontece en Galicia. Búscase recoñecer a súa contribución na difusión do galego e na normalización do seu uso.
Medios onde tes información galega e en galego.
Vídeo
YouTube: https://www.youtube.com/watch?v=LPHyh6QT2gk
Música
Spotify: https://open.spotify.com/intl-es/track/1382rZSOvosaiCkTmaiDxZ
Recomendacións lectoras
Papel:
• Moito que contar: Dépor e radio, dúas paixóns e un cento de historias, Moncho Viña [sinatura: GAL I 435]
• A agonía das folerpas, Óscar Reboiras Loureiro [sinatura: GAL N 75]
• Virtudes (e misterios), Xesús Fraga [sinatura: GAL N 63]
• Crónica da Galiza bizarra (1848-1968), Calros Solla [sinatura: GAL I 218]
• Tres minutos no aire, Miguel Anxo Murado [sinatura: GAL/17274]
• O impacto da prensa local na configuración do tecido social e político: o caso de La Voz de Ortigueira, Alba Silva Rodríguez [sinatura: GAL/17072]
• Vigo a 80 revolucións por minuto: unha crónica da movida, Emilio Alonso [sinatura: GAL/16008]
• Todo é silencio, Manuel Rivas [sinatura: GAL/15263]
• Obra literaria e xornalística: antoloxía, Valentín Lamas Carvajal [sinatura: GAL/6020]
• Corazón de chocolate: un misterio para Tintimán en Compostela, Jaureguizar [sinatura: N TIN / a]
• O homiño de papel, Fernando Alonso [sinatura: N ALO hom / r]
Dixital:
• https://ebiblio.dacoruna.gal/info/conecendo-a-historia-dos-medios-en-galego-guia-didactica-00462809
• https://ebiblio.dacoruna.gal/info/mar-branco-cronicas-de-rusia-e-europa-oriental-00472527
• https://ebiblio.dacoruna.gal/info/medios-e-politicos-baixo-sospeita-1990-2023-00498153
• https://ebiblio.dacoruna.gal/info/oito-dias-sen-eva-cortes-premio-illa-nova-de-narrativa-2021-00382822
• https://ebiblio.dacoruna.gal/info/farina-00032852
• https://ebiblio.dacoruna.gal/info/a-vida-que-nos-mata-00492065
• https://ebiblio.dacoruna.gal/info/sete-caveiras-00039803
• https://ebiblio.dacoruna.gal/info/contos-do-mar-de-irlanda-00038530
• https://ebiblio.dacoruna.gal/info/todos-fomos-00116250
• https://ebiblio.dacoruna.gal/info/o-alento-nas-costas-00465824
• https://ebiblio.dacoruna.gal/info/bala-perdida-00050111
