Estás en:Emprego
ebiblioDaCoruna Club Lector

O Palacio da Lúa (Paul Auster)

Nova lectura na sala dedicada á literatura universal do eBiblioDaCoruna Club Lector, Compartindo lecturas, a obra Persuasión (do 3 de febreiro ao 5 de marzo)

Acompáñasnos?

O Palacio da Lúa (Paul Auster)

Comezamos lectura na sala Compartindo lecturas do club dixital eBiblioDaCoruna:

  • Obra: El palacio de la luna
  • Autor: Paul Auster
  • Sala: Compartindo lecturas
  • Moderadora: Patricia Cernadas

Sobre a obra 

Marco Stanley Fogg é un orfo que creceu baixo o acubillo do seu tío Victor, un clarinetista de pouca fortuna. Cando este morre, consegue vivir durante un período da venda dos libros que lle deixou en herdanza.

No tempo en que o home camiña por primeira vez sobre a lúa, M. S. Fogg inicia unha viaxe na procura da súa identidade e as súas orixes que o llevará de Manhattan ao remoto Oeste americano.

O Palacio da Lúa é unha narración de historias cruzadas que converxen de forma maxistral. Esta é, en definitiva, unha mostra máis da súa magnífica arte narrativa

Sobre o autor

Paul Auster (1947-2024) foi escritor, tradutor e cineasta. Entre as súas obras destacan A invención da soidade (1982); A triloxía de Nova York (1987); O Palacio da Lúa (1989); Leviatán (1992); Tombuctú (1999); O libro das ilusións (2002); A noite do oráculo (2003); Brooklyn Follies (2005); Sunset Park (2010); Diario de inverno (2012); 4 3 2 1 (2017); A chama inmortal de Stephen Crane (2021); Un país bañado en sangue (2023), en colaboración co fotógrafo Spencer Ostrander, e Baumgartner (2024).

Escribiu os guións das películas Smoke (1995) e Blue in the Face (1995), en cuxa dirección colaborou con Wayne Wang, e os de Lulu on the Bridge (1998) e A vida interior de Martin Frost (2007).

A súa obra poética está reunida no tomo Poesía completa (2012) e a súa obra ensaística e autobiográfica en Ensaios completos (2013). Foi tamén autor d'Unha vida en palabras (2018), un volume que recolle as súas conversacións coa profesora I. B. Siegumfeldt sobre a súa obra e o oficio de escribir.

Recibiu numerosos galardóns, entre os que destacan o Premio Príncipe de Asturias das Letras, o Premio Médicis pola novela Leviatán, o Independent Spirit Award polo guion de Smoke e o Premio ao mellor libro do ano do Gremio de Libreiros de Madrid. Foi nomeado membro da American Academy of Arts and Letters e Comandante da Orde das Artes e as Letras francesa, así como Doutor Honoris Causa pola Universidade Autónoma de Madrid.

A súa obra está traducida a máis de corenta idiomas.

AVISO IMPORTANTE

Por mor dun problema técnico, esta sala de lectura virtual borrou todas as súas persoas usuarias. Se queres seguir participando, debes volver seguir o club a través do botón "seguir experiencia" ao entrar na sala.

Desculpade as molestias.

---

Se aínda non formas parte do club de lectura, dáte de alta!

Poderás compartir e comentar desde calquera lugar e en calquera momento.

Toda a información sobre os Clubs aquí

Agardámosvos!

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X