Estás en:Emprego

O deputado de Deportes, Antonio Leira, inaugura en Cariño o ciclo de cursos de defensa persoal feminina

O deputado de Deportes, Antonio Leira, inaugura en Cariño o ciclo de cursos de defensa persoal feminina

O deputado responsable da área de Deportes da Deputación da Coruña, Antonio Leira, inaugurou esta mañá en Cariño o ciclo de cursos de defensa persoal feminina que se desenvolverá nos vindeiros meses en distintos concellos da provincia.

O seminario de Cariño abre a cuarta edición destes cursos intensivos de defensa persoal dirixidos a mulleres, unha iniciativa que busca promover a seguridade, a autonomía persoal e o empoderamento feminino a través do deporte e da formación práctica.

Durante os seminarios trabállanse tanto técnicas físicas de defensa persoal como aspectos psicolóxicos fundamentais para saber actuar antes, durante e despois dunha situación de risco, facendo especial fincapé na prevención, na xestión do medo e na capacidade de reacción ante posibles agresións. Os contidos están impartidos por profesionais especializados en seguridade, defensa persoal e psicoloxía.

Antonio Leira destacou que "desde a Deputación seguimos apostando por programas que non só para fomentar hábitos de vida saudables, senón que axudan a dotar as mulleres de ferramentas prácticas que reforcen a súa confianza e autonomía persoal para saber como actuar ante unha situación de risco".

Tras a o curso de hoxe en Cariño, o ciclo continuará en Bergondo o 17 de xaneiro, en Camariñas o 21 de febreiro, en Cambre o 28 de febreiro, en Padrón o 7 de marzo, en Rianxo o 14 de marzo, en Santiago de Compostela o 28 de marzo e finalizará en Narón o 11 de abril.

As inscricións poden realizarse a través do apartado de deportes da web da Deputación da Coruña ou nos respectivos concellos participantes.

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X