Estás en:Emprego

A Deputación da Coruña impulsa a economía circular a través do proxecto IndusSym Coruña

O proxecto está promovido por Viratec en colaboración coa Asociación Área Empresarial do Tambre e cofinanciado pola Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña impulsa a economía circular a través do proxecto IndusSym Coruña

A Deputación da Coruña participou hoxe na xornada de posta en común dos avances do proxecto IndusSym Coruña, unha iniciativa promovida por Viractec en colaboración coa Asociación Área Empresarial do Tambre e cofinanciado pola Deputación da Coruña que promove a simbiose industrial como ferramenta clave para avanzar cara a un modelo produtivo máis circular e eficiente na provincia.

A deputada de Emprego, Industria e Medio Ambiente, Rosa Ana García, salientou durante o encontro a importancia de avanzar cara a unha industria máis eficiente, colaborativa e respectuosa co medio ambiente, destacando o papel da Deputación no apoio a proxectos que contribúen á transformación sostible do tecido empresarial. García subliñou que a institución provincial continuará apoiando iniciativas que impulsen a economía circular e favorezan a competitividade sostible das empresas do territorio, contribuíndo así ao desenvolvemento económico responsable da provincia.

O proxecto IndusSym Coruña, promovido por Viratec en colaboración coa Asociación Área Empresarial do Tambre e co cofinanciamento da Deputación da Coruña, ten como obxectivo identificar oportunidades reais de intercambio de recursos —residuos, subprodutos, enerxía ou auga— entre empresas situadas nos polígonos industriais do Tambre, Costa Vella e A Sionlla.

Durante a xornada púxose en valor a relevancia do apoio da Deputación para facer posible a aplicación práctica da economía circular no ámbito industrial, facilitando a cooperación entre empresas e promovendo solucións innovadoras con impacto positivo a nivel ambiental, económico e social.

Na actualidade, o proxecto conta coa participación de 16 empresas destes polígonos industriais e consolídase como unha iniciativa de referencia na provincia da Coruña para avanzar na implantación da simbiose industrial como panca de competitividade e sostibilidade.

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X