Estás en:Emprego

FHN: convocatoria para o posto de interventor/a xeral no Concello de Lugo, libre designación

XUNTA DE GALICIA

Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública

BOE 10/12/2025
HABILITACIÓN NACIONAL
Resolución do 2 de decembro de 2025, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se publica a convocatoria para a provisión de posto de traballo reservado ao persoal funcionario de administración local con habilitación de carácter nacional, polo sistema de libre designación.

Corporación: Concello de Lugo
Denominación do posto: Interventor/a xeral
Complemento específico anual: 36.645,00 euros
Requisitos dos aspirantes: Pertencer á escala de funcionariado da Administración local con habilitación de carácter nacional, da subescala de Intervención-Tesourería, categoría superior.
Publicación íntegra da convocatoria: Resolución do 22 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se lle dá publicidade á convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo reservado a persoal funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional (Publicada no Diario Oficial de Galicia con data do 31 de outubro de 2025).
Coñecemento da lingua propia da comunidade autónoma: Estar en posesión do certificado de lingua galega Celga 4 ou do seu equivalente, debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia. Aquelas persoas aspirantes que non acrediten estar en posesión do Celga 4 ou equivalente deberán realizar unha proba de carácter eliminatorio na que se avaliará co resultado de apto ou non apto o grao de coñecemento de galego, que deberá ser equivalente ao esixido para o Celga 4, nos termos do citado Decreto 103/2008, do 8 de maio. 

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X