Estás en:Emprego

A Coruña clausura a XXXIII edición do Campionato de España de Dominó por Parellas cunha participación récord

A Coruña clausura a XXXIII edición do Campionato de España de Dominó por Parellas cunha participación récord

A cidade da Coruña pechou hoxe a XXXIII edición do Campionato de España de Dominó por Parellas, desenvolta no Hotel NH Collection Finisterre, nunha edición que reuniu máis de 500 participantes procedentes de todas as comunidades autónomas e que contou co apoio da Deputación da Coruña.

O deputado provincial responsable da área de Deportes, Antonio Leira, foi o encargado de clausurar oficialmente o torneo, entregandolle os premios ás persoas gañadoras e destacando o gran nivel competitivo amosado, a excelente organización por parte das federacións galega e española e o compromiso da Deputación coa promoción de todas as disciplinas deportivas, "tamén aquelas máis minoritarias como o dominó, que é ademáis un xogo cun grande arraigamento en Galicia".

A vitoria deste Campionato de España recaeu na parella formada por J. Salomón Vergara Albornoz e Manuel Sánchez Cabana, representantes de Barcelona e Galicia respectivamente, que se proclamaron campións tras unha fase final moi disputada. O segundo posto foi para Alfonso Ruíz Correa e Diego Osete Fuentes, chegados desde Murcia, mentres que o terceiro lugar o ocuparon Fernando Leal Gutiérrez e Manuel Rodríguez Domínguez, en representación de Málaga.

A organización salientou o alto nivel competitivo e a deportividade presentes en todas as partidas, nunha edición que reforza o papel da Coruña como cidade referente na acollida de grandes eventos a nivel estatal.

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X