INEGA: ampliación do prazo de execución e xustificación para a planificación enerxética de EE.LL.e comunidades enerxéticas 2025
Axencia Instituto Enerxético de Galicia
RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2025 pola que se amplía o prazo de execución e xustificación dos investimento establecido na Resolución do 25 de outubro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria do procedemento de concesión de subvencións para a planificación enerxética de entidades locais e comunidades enerxéticas, anualidade 2025 (código de procedemento IN418E).
«1. Serán subvencionables os gastos e investimentos realizados entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro de 2025, dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia».
«A data límite para executar o proxecto e presentar a documentación xustificativa dos investimentos será o 31 de outubro de 2025».