Estás en:Emprego
HoxeEscriboEn 2025

Entrega de premios do concurso de relatos pola Provincia HoxeEscriboEn 2025

Xa temos os 3 relatos gañadores desta edición. Parabéns aos gañadores a grazas aos 104 traballos presentados nesta edición.

A entrega de premios terá lugar o vindeiro día 26 de setembro ás 13.00 h. na Biblioteca Provincial, nun acto presidido polo vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira

O xurado, presidido por delegación polo vicepresidente Xosé Regueira, estivo integrado por Patricia Cernadas, Paula Cabado e Maite Loureiro, quen tamén exerceu como secretaria. En total avaliáronse 104 relatos presentados por 90 persoas, todos eles verificados previamente como obras orixinais e inéditas.

Entrega de premios do concurso de relatos pola Provincia HoxeEscriboEn 2025

PRIMEIRO PREMIO: Relato Nº 42. Título: O fío do tempo, do que é autor Xosé María López Fernández, referido ao Concello de Monfero.

Primeiro premio.png


SEGUNDO PREMIO: Nº13 Título: A tardiña de San Xoán, do que é autor Francisco Ascón Belver, referido ao Concello de Fisterra.

Segundo premio.png


TERCEIRO PREMIO: Nº 45 Título: Onde está Velázquez?, do que é autora Raquel Martínez Rodríguez, referido ao Concello de Ferrol.

Terceiro premio.png

Nos vindeiros días anunciaremos os gañadores dos lotes de produtos que serán recollidos na Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña a partir do 29 de setembro de 2025

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X