Estás en:Emprego
Biblioclip, música dende a BPDC

“Enchín de libros a miña maleta”

Tema: chegada do ferrocarril
Canción: "20 de Enero", La Oreja de Van Gogh
...Llené de libros mi maleta...

“Enchín de libros a miña maleta”

Saída cara a novos tempos.

Adentrado xa o mes de setembro, aínda é posible facer algunha viaxe. Quizais rutineira, relacionada co estudo ou o traballo, ou simplemente de regreso tras unha etapa fóra, pero tamén pode ser o inicio de algo despois dun encontro fortuíto. O tren, un símbolo de modernidade, chegaba a Galicia o 15 de setembro de 1873. Este día inaugurábase a primeira liña de ferrocarril que se construíu e operou en Galicia. Unía as vilas de Cornes e Carril, achegando Santiago de Compostela á costa. O proxecto de construción foi financiado con capital privado, e tivo que facer fronte a diversos impedimentos e modificacións, encarecendo e retardando a súa posta en funcionamento. Contou co apoio do Concello Constitucional de Carril e da Sociedade de Amigos do Pais de Santiago, unha das súas impulsoras. A compañía inicialmente encargada da explotación da liña foi a Real Sociedade do Ferrocarril Compostelán da Infanta Dona Isabel de Santiago ao Porto de Carril, unha sociedade que contaba, entre outros, coa participación de emigrantes galegos en Cuba e veciños de Carril e de Compostela.

Chegada a grandes destinos, especialmente con libros na maleta.

Vídeo
YouTube: https://www.youtube.com/watch?v=QmhcdlvUIUY

Música
Spotify: https://open.spotify.com/intl-es/track/4XdePl1vOF1cYjTBYeYU9j

Recomendacións lectoras
Papel:
• "Tren a Samarcanda", Guzel Yájina [sinatura: 3S/12068]
• "Non é de Taramundi", Manuel García Mañá [sinatura: GAL N 76]
• "El último vagón", Angeles Doñate [sinatura: 3S/12108]
• "Tren a Pakistán", Khushwant Singh [sinatura: 3S/6281]
• "Tren fantasma a la Estrella de Oriente: tras las huellas de El gran bazar del ferrocarril", Paul Theroux [sinatura: 3S/6001]
• "El Ferrocarril en Galicia: pasado, presente, futuro", Xosé Carlos Fernández Díaz [sinatura: GAL/14529-1]
• "Historias do Carril-Cornes", Xoán Luís Miguéns García [sinatura: GAL/14441]
• "La Invención de Hugo Cabret", Brian Selznick [sinatura: N SEL inv / m]
• "Los chicos del ferrocarril", Edith Nesbit [sinatura: N NES chi / a]
• "Un tren cargado de misterios", Agustín Fernández Paz [sinatura: N FER tre / r]
• "Johanna en el tren", Kathrin Schärer [sinatura: N SCH joh / z]

Dixital:
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/los-pasajeros-del-tren-de-hankyu-00474112
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/tren-bala-00225806
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/la-vida-en-un-minuto-00114163
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/el-tren-de-los-ninos-00084129
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/el-tren-de-los-huerfanos-00039673
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/la-chica-del-tren-00458515
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/as-cronicas-do-viaxante-00049486
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/emil-e-os-detectives-00286381
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/o-tren-fantasma-00438553

Audiolibro:
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/anna-karenina-00271080
https://ebiblio.dacoruna.gal/info/en-tierra-americana-american-dirt-00059685

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X