O deputado de Deportes, Antonio Leira, recibiu ao subcampión europeo de kung fu Erik Martín

O deputado de Deportes, Antonio Leira, recibiu no pazo provincial ao subcampeón de Europa de kung fu na categoría de 12 a 14 anos, Erik Martín. O rianxeiro, o único galego que participou no Europeo celebrado en Grecia, acadou a prata nun torneo no que participaron preto de 500 deportistas de 20 países.
Martín sumou a medalla continental aos dous ouros que acadou no Campionato de España e aos catro do autonómico, e nestes momentos posúe o ránking máis alto de España en kung fu.
1
4
Fotogalería