Estás en:Emprego
Liberdade de ser e sentir

28X, Día da diversidade sexual

A Biblioteca Provincial súmase á campaña da Deputación da Coruña 'Liberdade de ser e de sentir', e celebramos, con moito orgullo, a diversidade e a liberdade.

28X, Día da diversidade sexual

Dende a Biblioteca sumámonos a campaña impulsada pola área de Igualdade da Deputación da Coruña Liberdade de ser e sentir, que ten como obxectivo conmemorar o Día Internacional do Orgullo LGTBQIA+. Unha xornada para reivindicar a diversidade, a igualdade e os dereitos de todas as persoas, independentemente da súa orientación sexual, identidade ou expresión de xénero.

Podedes ler toda a información sobre a campaña #seresentir e o seu programa para este ano 2025 no seguinte enlace #seresentir.

Pola nosa parte, dende a BPDC, preparamos algúns recursos relacionados coa diversidade sexual e os dereitos das persoas LGTBiQ+:

  • Na eBiblioDaCoruna podes atopar unha selección de materiais no que a diversidade sexual e os dereitos do colectivo son protagonistas.
  • No noso club de lectura virtual especializado en LGTBiQ+, Páxinas de orgullo, compartimos a lectura En vías de extinción, de María Reimóndez.
  • Biblioclip, música desde a BD edición temática.
  • BookFaceFriday temático.
  • Na nosas salas de Xuvenil e de Adultos tamén vos agardan seleccións de libros, tanto de ficción como de non ficción, relacionados coa diversidade sexual e de xénero.

Durante todos estes días na nosa Biblioteca ondea a bandeira da diversidade para reivindicar, con orgullo, a Liberdade de ser e sentir!

Campaña 'Liberdade para ser e sentir' da Deputación da Coruña


Na nosa terra, os principios de liberdade e igualdade aparecen recollidos no Estatuto de autonomía, no seu artigo 4.2 recolle a obriga que corresponde aos poderes públicos de «promover as condicións para que a liberdade e a igualdade das persoas e dos grupos en que se integran sexan reais e efectivas, remover os atrancos que impidan ou dificulten a súa plenitude e facilitar a participación da cidadanía galega na vida política, económica, cultural e social».

A lexislación internacional sobre dereitos humanos e múltiples tratados internacionais consagran a igualdade como un principio xurídico fundamental e universal. Desde a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, que establece que «toda persoa ten os dereitos e as liberdades proclamados nesta declaración, sen ningunha distinción de raza, cor, sexo, idioma, relixión, opinión política ou de calquera outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou calquera outra condición», numerosos textos sobre dereitos humanos e múltiples tratados consideran a igualdade das persoas como un principio xurídico fundamental e universal.

Podedes atopar toda a programación e recursos que a Deputación Provincial, a través de Igualdade de Xénero, facilita aquí:

https://seresentir.gal/

Deixámosvos unha mostra musical dos recursos dispoñibles:

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X