Estás en:Emprego
75º aniversario do pasamento de Alfonso R. Castelao (Sétima entrega)

Unha "Alba de Groria" por Castelao

Este mes, como todos os deste ano, traemos unha nova achega sobre Castelao. Nesta ocasión, sendo o mes do Día de Galicia, poremos o foco nun dos seus derradeiros textos, o discurso "Alba de Groria".

Unha

"Miñas donas e meus señores:

SI NO ABRANTE d-este día poidéramos voar sobor da nosa terra e percorrela en todas direicións, asistiríamos á maravilla d-unha mañán única. Dende as planuras de Lugo, inzadas de bidueiros, té as rías de Pontevedra, oureladas de piñeraes; dende as serras nutricias do Miño o a gorxa montañosa do Sil, até a ponte de Ourense, onde se peitean as augas d-entrambos ríos; ou dende os cabos da costa brava da Cruña, onde o mar tece encaixes de Camariñas, até o curuto do monte de Santa Tegra, que vence coa súa sombra os montes de Portugal, por todas partes xurde unha alborada de groria. (...)"

Así da comezo este, pequeno en extensión, pero enorme en significación, discurso considerado un dos cumios do seu legado. O discurso pronunciouse co gallo do Día da Patria Galega de 1948, dentro do festival do Centro Gallego de Buenos Aires, celebrado no Teatro Argentino. Castelao comezara a escribir o discurso en Marsella no 1947, que remataría no 1948 e, nun primeiro momento, formaba parte do capítulo primeiro do cuarto libro de Sempre en Galiza.

O primeiro lugar onde foi publicado o Alba de Groria, foi no número 463 d'A Nosa Terra (xullo de 1948). Como obra unitaria, aparece por primeira vez en 1951, logo da morte de Castelao, publicado en Bos Aires a cargo de Eduardo Blanco Amor, a quen se lle atribúe tamén o título e a traducción ao castelán.

Este texto, que conta con diferentes versións, tamén conta con antecedentes coma o discurso "A significación espiritual do Día de Galiza" de Otero Pedrayo que tivo lugar en Vigo, nun acto polo Día de Galicia de 1930.

Aínda que o texto foi modificado en diferentes ocasións, hai certos elementos que se repiten (aínda que mude a orde de presentalos), tal como nos traslada Henrique Monteagudo, e analisamos a seguir. Esta "Oración patriótica en tres tempos" ten a seguinte estrutura:

  • Sección inicial: Alba de Groria (exordio). Sitúanos ante unha alborada durante a cal se realiza un percorrido por terras galegas. O texto, nesta parte, ofrece un alarde de imaxinaría así como de sonoridade. Nesta parte, aparece tamén, unha combinación de símbolos cristiáns e pagáns. Así pois, o significado cristián da festividade é trascendido. O exordio remata cun parágrafo anticlimático, que contén unha apelación intensamente sentimental ao auditorio. Remata a sección unha cita de Luis Camões.
  • Sección central: Santa Compaña Inmorredoira. Arranca cun paralelismo entre a imaxe da noite do poema rosaliano, que se ben a padronesa 
  • Sección final: Hestoria e Tradición.  Construída en arquitectura paralelística, en xogo coa iteración, recurso característico da prosa do noso autor. O elemento central é "a infinda moitedume de luciñas e vagalumes que son...", elemento que aparece reiterado mediante repetición literal ou mediante sinónimos. 

Finalmente, cómpre chamar a atención sobre a aparición do lume nas dúas versións do envío final da peza, isto é, tanto na dedicación a Alexandre Bóveda (como na versión de Sempre en Galiza), canto na apelación á audiencia de emigrantes (no discurso proferido en 1948). Un lume
cargado de connotacións simbólicas que debe identificarse, ao xeito de Vicente Risco, coa forza do espírito. Na dedicatoria a Bóveda figúrase unha fogueira en cada cemiterio, e no de Pontevedra unha labarada, que era o lume do esprito de Bóveda. Na despedida aos emigrados a fogueira do esprito é convocada para quentar as vidas dos oíntes, e a fogueira do lume os seus fogares. Pasamos así dun xogo de
luz e sombra ao longo do texto, a unha referencia final ao lume coa súa calor vivificadora

  • Envío final dirixido ao auditorio. É mágoa que no discurso de 1948, o autor, prescindise da conmovedora evocación de Alexandre Bóveda

A versión estampada en 1948 foi a que serviu de base para a publicada por Eduardo Blanco Amor, responsable editorial do folleto dado ao prelo en 1951 por iniciativa da Comisión de Cultura do Centro Gallego de Buenos Aires, que dirixía Luís Seoane. Blanco Amor elevou a título do conxunto da peza o que na intención de Castelao era unicamente o rótulo da súa sección inicial, o cal, por outra banda, o obrigou a eliminar os encabezados das seguintes seccións. A partir de aí, o texto pasou a ser coñecido con ese título: Alba de groria. Esta feliz intervención do escritor ourensán foi determinante para a popularización do texto e tamén para a súa canonización como peza referencial do galeguismo.

Unha recreación do discurso "Alba de gloria" de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

Traballo levado a cabo polo Consello da Cultura Galega:

https://youtu.be/0TzduLWOVwE

Tirado de: https://consellodacultura.gal/especiais/alba-de-gloria/ 

Alba de Groria ilustrado por Ana Santiso

A ilustradora Ana Santiso, elaborou as ilustracións que acompañan a edición máis recente de Alba de Groria, a seguir deixámosvos un vídeo onde se pode gozar da obra de Castelao a través do lapis de Ana Santiso, ilustradora da provincia, enriquecendo así un texto xa histórico.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X