Estás en:Emprego

A Deputación licita por 141.099 euros as obras de renovación do firme da estrada DP 6092 de Pontedeume a Pedra da Auga

A Deputación licita por 141.099 euros as obras de renovación do firme da estrada DP 6092 de Pontedeume a Pedra da Auga

A Deputación da Coruña vén de publicar na Plataforma de Contratación do Estado a licitación das obras de renovación do firme e mellora da seguridade viaria na estrada provincial DP 6902 de Pontedeume a Pedra da Auga, no tramo que discorre entre os puntos quilométricos 0+000 e 1+880.

A actuación, que conta cun orzamento de 141.099,14 euros e un prazo de execución previsto de tres meses, consiste en saneamentos puntuais da capa de rodaxe actual, que presenta un estado de deterioración importante, nunha superficie aproximada de 266,00 m2 e a posterior dotación dunha nova capa de mestura asfáltica en quente de 5 cm de espesor nunha superficie de 12.811,500 m².

Posteriormente, pintaranse as marcas viarias da calzada e renovarase a sinalización vertical para a mellora da seguridade viaria de todo o tramo.

As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o 2 de xuño.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X