Estás en:Emprego

Píldora Seguridade en videoconferencias

Boas prácticas en seguridade da información

Píldora Seguridade en videoconferencias

A videoconferencia tornouse indispensable para comunicarse con compañeiros e provedores, pero debemos protexer a privacidade e a integridade da información durante estas sesións.

As reunións sen medidas de seguridade poden ser espiadas, gravadas ou mesmo manipuladas por persoas non autorizadas.

Lembra que podes atopar máis información e consellos sobre ciberseguridade e protección de datos no portal ciberseguridadegalicia.gal

¿Como protexer as túas videochamadas?

Recomendacións para protexer a información durante as túas reunións virtuais:

  • Organiza as túas reunións só en plataformas autorizadas.
  • Asegúrate de que só participen os asistentes invitados ou esperados.
  • Evite gravar reunións a non ser que sexa estritamente necesario e co consentimento de todos os participantes.
  • Mantén o micrófono apagado cando non fales, especialmente se estás nun ambiente onde se está a falar de información confidencial.
  • Usa auriculares para evitar que outras persoas escoiten o contido da reunión, especialmente nos espazos compartidos.
  • Revisa o que tes na pantalla antes de compartila: poderías mostrar información sensible sen darche conta.
  • Activa as opcións de seguridade dispoñibles: contrasinal de acceso, sala de espera, control de permisos, etc.
  • Ten presente que existen técnicas como os deepfakes, que permiten suplantar visual e vocalmente a unha persoa. Se notas comportamentos estraños, xestos forzados ou mensaxes fóra de lugar, verifica a identidade desa persoa por unha canle alternativa.
Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X