Estás en:Emprego

Píldora Ti podes axudar a evitar brechas de información

É probable que no teu traballo precises enviar algunha vez documentación en formato electrónico a persoal externo. Independentemente do método que utilices, o envío de información fóra da entidade na que prestas servizo pode supor riscos de confidencialidade; é importante que teñas en conta os seguintes consellos:

  • Valora coidadosamente se as persoas destinatarias deben acceder ao contido completo dos documentos: por exemplo, se conteñen datos persoais, é preciso verificar que haxa unha relación de tratamento de datos entre as vosas respectivas organizacións que xustifique a súa presenza. Lembra que é unha esixencia legal utilizar unicamente os datos persoais mínimos imprescindibles para as finalidades dos tratamentos declarados.
  • É unha boa práctica revisar e eliminar os metadatos dos documentos.
  • Tamén debes revisar con atención todos os enderezos de destino.
  • Consulta se a política de seguridade da entidade na que traballas aporta esixencias adicionais, por exemplo o cifrado dos documentos. 

Deste xeito estarás contribuíndo a que a túa organización cumpra coas súas obrigas legais respecto á custodia da información.

Lembra que podes atopar máis información e consellos sobre ciberseguridade e protección de datos no portal ciberseguridadegalicia.gal

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X