Estás en:Emprego
O acordo acadado coa Corporación permite executar en 2024 a partida destinada á carreira profesional a pesar do atraso na súa aprobación

---- NOVA DESTACADA ---- O Pleno aproba definitivamente a Carreira profesional

CCOO quere agradecer ao Goberno provincial, co presidente á cabeza, o seu compromiso coa carreira profesional, aos técnicos da Corporación que actuaron con dilixencia e dedicación e, dun xeito especial, ao Deputado de persoal e á Xefa de persoal pola súa implicación

---- NOVA DESTACADA ---- O Pleno aproba definitivamente a Carreira profesional

Momento no que se saúdan, tras a aprobación plenaria, os portavoces de UGT e CCOO, sindicatos impulsores da Carreira Profesional Horizontal. O pasado venres, 29 de novembro de 2024, ven de converterse nun día histórico na negociación colectiva na Deputación da Coruña. Un día no que frutificou un longo ano de traballo e esforzo desenvolvido por CCOO e UGT.

A Carreira Profesional Horizontal xa é unha realidade. O Pleno provincial aprobou definitivamente o seu regulamento co apoio maioritario do pleno, sendo as únicas abstencións do PP. Trátase dun fito histórico porque a Carreira profesional significa a máis importante mellora económica que ademais será aplicable a todo o persoal, a grande maioría comezará a cobralo agora e o resto empezará a xerar dereitos económicos para cobrar nun futuro.

O acordo acadado coa Corporación permite executar no 2024 a partida destinada á carreira profesional a pesar do atraso na súa aprobación. Efectivamente grazas ao acordo relativo a implantación e financiamento da carreira horizontal acadado coa Corporación, que foi apoiado en Mesa Xeral de Negociación por CIG, CCOO e UGT, o persoal poderá percibir no mes de decembro os 525.540 € da partida para carreira profesional negociada con UGT e CCOO nos orzamentos do 2024. Evitando, así, a súa perdida debido ao atraso na aprobación definitiva do regulamento de Carreira Profesional Horizontal.

CCOO quere agradecer ao Goberno provincial co presidente á cabeza o seu compromiso coa carreira profesional, aos técnicos da Corporación que actuaron con dilixencia e dedicación e, dun xeito especial, ao Deputado de persoal e á Xefa de persoal pola súa implicación. Tamén queremos emitir un agradecemento especial aos nosos compañeiros da sección sindical de CCOO Álvaro e Archi polo seu enorme traballo para desenvolver a literalidade do regulamento e o modelo económico respectivamente; aos compañeiros de UGT polo traballo conxunto desenvolvido para impulsar a carreira profesional, así ambas as dúas centrais sindicais soubemos deixar atrás as nosas diferenzas para centrarnos a traballar no que nos une, os intereses comúns do persoal da Deputación. Tamén queremos agradecer á CIG o seu voto favorable na mesa de negociación.

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X