Finaliza o prazo da Convocatoria de Carreira Profesional Horizontal
CCOO agradece a confianza do persoal para resolver as súas dubidas sobre a carreira profesional. O sindicato recibiu e atendeu máis de douscentos correos tan só no último mes
Cada vez estamos máis preto de que se cumpra unha aspiración de UGT e CCOO pola que levamos moito tempo traballando de xeito coordinado e un compromiso do Goberno provincial: a Carreira Profesional Horizontal.
CCOO agradece a confianza do persoal para resolver as súas dúbidas sobre a carreira profesional. O sindicato recibiu e atendeu máis de douscentos correos tan só no último mes, ademais das múltiples consultas telefónicas e presenciais atendidas. Estamos gratamente sorprendidos por esta masiva resposta do persoal, máis tendo en conta que o proceso coincidiu en pleno verán, principalmente durante o mes de agosto.
A sección sindical de CCOO contestou en tempo e forma a todas as solicitudes de asistencia para cubrir a solicitude de Carreira Profesional Horizontal coa data máis favorable. Foi un arduo e laborioso traballo do que estamos moi satisfeitos, porque o éxito dunha central sindical se mide na capacidade de ser útil aos traballadores e traballadoras que representa. Neste sentido, os resultados son claros porque puidemos informar da data máis favorable para establecer o inicio de carreira a todas as solicitudes presentadas, excepto en media ducia de casos no que as persoas que realizaron a solicitude non deron o posterior consentimento para tratar os seus datos tal e como establecemos no noso protocolo de actuación para cumprir coa Lei de protección de datos e as recomendacións do Delegado de Protección de Datos da Deputación. En días pasados contactamos de novo con esas persoas para lembrarlles que debían dar o seu consentimento, algunha xa nolo deu polo que puidemos prestar a asistencia, as que están pendentes aínda están a tempo de que lles poidamos prestar a asistencia porque imos manter o proceso activo ata o momento da finalización do prazo da convocatoria.
Lembramos que hoxe remata o prazo para presentar a solicitude de carreira, acto indispensable para poder cobrar o Complemento de Carreira ata que se abra unha nova convocatoria, que será a finais de 2025. Polo que quen non presente a solicitude non poderá cobrar o Complemento de Carreira porque a normativa o establece como un complemento voluntario que debe ser solicitado polo persoal.