Convocada mesa de negociación Carreira Profesional Horizontal
A prontitude na convocatoria constata a vontade do Goberno provincial de facer realidade a Carreira Profesional Horizontal neste 2024
Non cabe dúbida que o diálogo sereno, o respecto dos tempos, a lealdade institucional e o coidado das formas son as mellores ferramentas para levar a bo termo unha negociación.
Agradecemos a celeridade coa que a Corporación atendeu a solicitude de convocatoria de mesa xeral presentada por UGT E CCOO. Levamos meses traballando no desenvolvemento da Carreira Profesional Horizontal, a semana pasada solicitámola publicamente e esta mesma semana rexistramos formalmente a devandita solicitude.
A Corporación convoca mesa xeral de negociación para aprobar o regulamento de Carrreira Profesional Horizontal para o vindeiro mércores 26 de xuño o que permitiría levar o dito regulamento, para a súa aprobación inicial, ao Pleno da Corporación provincial de xullo.
A prontitude na convocatoria constata a vontade do Goberno provincial de facer realidade a Carreira Profesional Horizontal neste 2024, tal e como demandamos conxuntamente CCOO UGT.