Estás en:Emprego
A paga extra cobrarase esta semana

Aprobación da liquidación da produtivdade

O incremento da produtividade que permite chegar ata as cantidades actuais parte dunha iniciativa en 2016 de CCOO apoiada por UGT, que finalmente rematou nunha proposta conxunta de ambos os dous sindicatos

Aprobación da liquidación da produtivdade

A Corporación informou que a paga extra se cobraría nesta semana,  fíxoo durante a reunión do comité de avaliación da produtividade celebrada hoxe martes, 12 de decembro de 2023, na que se constituíu o dito comité e se aprobou por unanimidade a liquidación definitiva 2022 e provisional 2023.

O comité de produtividade aproba a liquidación definitiva de 2022 e a provisional do 2023 que se repercutirán na nómina de decembro, unha vez sexa aprobada pola Xunta de Goberno provincial. As cantidades da liquidación definitiva corresponde á regularización do último mes do ano, logo da execución da liquidación provisional. Mentres que a liquidación provisional corresponde ao 20% da produtividade anual (o 80% cóbrase mensualmente) e aos axustes producidos durante os primeiros 11 meses do ano derivados de diversas situacións como as baixas. O importe da liquidación provisional rolda os 1.500€ (aínda que esta cantidade varía dependendo da situación de cada quen como son días de baixas e outro motivos de descontos ou o nivel consolidado).

Lembramos que o incremento da produtividade que permite chegar ata as cantidades actuais parte dunha iniciativa en 2016 de CCOO apoiada por UGT, que finalmente rematou nunha proposta conxunta de ambos os dous sindicatos. A devandita iniciativa que recibiu o voto en contra de CIG e CSIF consiste no incremento da partida de produtividade por cumprimento de obxectivos globais anuais. Ademais a dita iniciativa, que foi aprobada en pleno, en lugar de establecer o incremento por consecución de obxectivos nun importe fixo, a referencia ao Salario Mínimo Interprofesional (SMI) o que está a posibilitar importantes incrementos segundo o goberno central aumenta o dito SMI, como está a punto de facer outra vez.

CCOO, CIG súmanse á solicitude de UGT para que se modifique o sistema de produtividade para que as visitas médicas non desconten. A Corporación comprometeuse a estudar o tema, que en todo caso suporía a modificación en pleno do sistema de produtividade.

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X