Aprobadas as as axudas de vivenda e estudos
CC.OO. acadou o compromiso da Corporación de desenvolver no 2024 un regulamento de axudas sociais para adecualas á realidade económica actual que está a sufrir un importante incremento da carestía da vida
Ás 11:00 h. do día de hoxe, venres 17 de novembro, celebrouse reunión da Comisión Mixta de Seguimento do Acordo Negociado.
A comisión de seguimento do acordo negociado aproba por unanimidade as axudas de vivenda e estudos, que se verán reflectidas na próxima nómina.
CC.OO. acadou o compromiso da Corporación de desenvolver en 2024 un regulamento de axudas sociais para adecualas á realidade económica actual que está a sufrir un importante incremento da carestía da vida, neste sentido cabe destacar que as axudas graciables, na actualidade, se están a conceder cos importes establecidos en normativa de hai dúas décadas. A solicitude de CCOO, diante do órgano pertinente, para desenvolver un regulamento de axudas sociais onde se incrementen os importes e se apliquen auténticos criterios de progresividade no caso de rematar cos fondos das distintas partidas orzamentarias, corresponde ao cuarto punto do programa electoral. A súa consecución no vindeiro ano suporía unha satisfacción para a sección sindical de CC.OO. e a constatación de que a Corporación continúa a apostar pola mellora das condicións do seu persoal.
Diante das dificultades para formalizar as solicitudes de axudas por parte dalgunhas persoas, CC.OO. solicitou que se habiliten os mecanismos correctores necesarios e que se posibilite a súa presentación con calquera certificación dixital que permita a normativa.