Complemento de Destino e Produtividade
O diálogo, tesón e esforzo negociador de CCOO da o seus froitos: Primeiro o conseguimos co Complemento Específico, agora co Complemento de Destino
Fai cinco anos CCOO, acadou un fito negociador sen precedentes ao conseguir sacar adiante a valoración do Complemento Específico, unha actuación extremadamente complicada pois supoñía un importantísimo incremento salarial para practicamente a totalidade do cadro de persoal en momentos de restricións orzamentarias.
O diálogo, tesón e esforzo negociador de CCOO da o seus froitos: Primeiro o conseguimos co Complemento Específico, agora co Complemento de Destino. En ambos caos a Corporación asumiu en gran medida a proposta de valoración presentada por CCOO por tratarse dun traballo técnico completo que non só cumpría coas exixencias normativas, senón que resultaba coherente en termos orzamentarios. Obviamente, como acontece en todas as negociacións, o resultado final non é tan favorable para o persoal como pretendíamos pero en ambos casos trátase de avances significativos para a maioría dos traballadores e traballadoras da Deputación.
O novo Complemento de Destino xa é unha realidade reflectida na nómina de xaneiro. Lamentablemente este incremento podía ter sido unha realidade fai catro anos si tivese apoio a proposta presentada por CCOO no 2018, dita proposta contaba coa opinión favorable da Corporación, como o amosa o feito da similitude co resultado final que se ven de aprobar. O novo Complemento de Destino supón o incremento dun nivel para a inmensa maioría dos postos que non se atopen no máximo legal. Precisamente para os postos que non puideron mellorar acadamos o compromiso da Corporación de revisar o Complemento Específico a primeiros de ano, actuación na que estamos traballando e esperamos acadar neste primeiro trimestre, xunto con outras modificacións que permitan resolver algúns desequilibrios que levamos tempo negociando coa Corporación e consideramos necesarios resolver axiña.
Unha iniciativa de CCOO permite incrementar a produtividade. A Corporación, por fin, asume a aplicación do termo de homoxeneidade na partida de produtividade como demandaba CCOO. Este feito significa que a partida de produtividade pode ampliarme máis aló dos límites fixados nos presupostos xerais do Estado para evitar que a creación de novos postos de traballo no cadro de persoal diminuían o importe a cobrar por cada traballador e traballadora como acontecía ata o de agora xa que a produtividade funciona como unha bolsa da que participa todo o cadro de persoal. Froito desta iniciativa e dos límites establecidos nos presupostos xerais do Estado a produtividade para o ano 2023 incrementase da seguinte maneira a respecto a do 2022 segundo datos presentados polo servizo de RRHH na Comisión de Produtividade:
Nivel Coeficiente Mensual 2022 (80%) Mensual 2023 (80%)
13-14 1,45 242,94€ 243,85€
15-16 1,50 251,32€ 252,20€
17-18 1,55 259,70€ 260,66€
19-20 1,60 268,08€ 269,07€
21-22 1,65 276,45€ 277,48€
23-24 1,70 284,83€ 285,89€
25-26 1,75 293,21€ 294,30€
27-28 1,80 301,59€ 302,70€
29-30 1,85 309,96€ 311,11€