Estás en:Emprego
CCOO ten deseñada dende fai tempo a súa folla de ruta en canto a condicións económicas do persoal. Primeiro valorar o Complemento de Destino e posteriormente o Complemento Específico

Nova xuntanza da Comisión de Valoración

CCOO solicita rigor, seriedade e coherencia ao resto de centrais sindicais para acadar un amplo e rápido consenso que permita que a valoración do Complemento de Destino sexa unha realidade. Aquí podes acceder á nosa proposta definitiva de manual de valoración así como a matríz por categorías

Nova xuntanza da Comisión de Valoración

Este martes 14 de xuño desenvolveuse outra xuntanza da Comisión de Valoración de Postos de Traballo para o Complemento de Destino (CD). Unha xuntanza bastante decepcionante xa que gran parte utilizouse para debater a tardía proposta presentada por UGT, onde quedou claro a súa inviabilidade. Os propios técnicos de RRHH informaron da imposibilidade de executar certos aspectos... Ante a falta de consenso, a Corporación comprometeuse en levar unha proposta propia na seguinte reunión. En conclusión, debido a esta proposta perdemos un mes cando o tempo é tan necesario.

CCOO solicita rigor, seriedade e coherencia ao resto de centrais sindicais para acadar un amplo e rápido consenso que permita que a valoración do Complemento de Destino sexa unha realidade. Porque xogamos co tempo á contra. Entendemos que se aproximan as eleccións sindicais e que é unha tentación querer propoñer máis que o resto, pero non debemos caer na demagoxia con propostas que poñan en risco a consecución deste obxectivo, como xa ocorrera fai preto de catro anos onde a falta de apoio sindical, tombou á proposta de CCOO a pesar de contar con boa aceptación por parte da Corporación. Non debemos esquecer que para que a Valoración do Complemento de Destino sexa realidade, debe seguir un criterio metodolóxico avalado pola intervención e supoñer un importe económico asumible pola Corporación. Neste sentido tanto CIG como CCOO presentamos propostas desenvolvidas dende a lóxica e a coherencia sendo coñecedores do marco económico no que resulta factible a aprobación da valoración do CD. Ambas as dúas propostas son moi similares e do agrado da Corporación polo que semella sinxelo pechar un rápido acordo xa que por razóns orzamentarias a súa viabilidade depende da súa aprobación definitiva antes de outubro (CIG presentou unha proposta de cambios no CD sen manual e CCOO presentou ademais o manual indispensable para a súa aprobación).

Baixo ningún concepto CCOO aceptará que se expulse aos administrativos das xefaturas de negociado, como se desprende da proposta presentada por UGT onde establece nivel 24 para as devanditas xefaturas o que impediría o acceso ao persoal administrativo que ten no nivel 22 como límite legal para ocupar postos. Por tanto a única solución que non prexudica a ninguén é crear unha nova xefatura para A1 e A2 como propuxo CCOO.

CCOO ten deseñada dende fai tempo a súa folla de ruta en canto a condicións económicas do persoal. Primeiro valorar o Complemento de Destino e posteriormente o Complemento Específico para o que xa temos unha proposta de modificación da valoración aprobada no anterior mandato para adaptala á realidade existente no cadro de persoal da Deputación. Neste sentido, solicitaremos que se aprobe nos orzamentos 2023 unha partida que de cobertura á execución dos cambios no CE que estableza a Comisión de valoración. Pero cada cousa ao seu tempo, primeiro toca a valoración do CD porque tratase dun acordo plenario pendente de desenvolver, unha vez aprobada e dotada economicamente, corresponde negociar a valoración do CE a implementar durante o 2023. Xuntar ambas as dúas negociacións trátase dun grave erro que pode significar que ningunha das dúas actuacións chegue a ver a luz: quen moito abarca pouco colle. Por iso CCOO non fixo pública nin amosou á Corporación a súa proposta de valoración de CE, queremos ser respectuosos cos tempos dos procesos.

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X