Comeza a valoración do Complemento de Destino
A proposta de CCOO está baseada nunha valoración sistemática, global e obxectiva que como resultado supón o incremento de ao menos un nivel para todos os postos que non se atopan no máximo e incluso máis para os postos con niveis baixos ou os que se atopaban desaxustados con outros postos similares. Aquí podes acceder tano ao manual de valoración como á matriz por categorías.
O venres 20 de maio houbo xuntanza do Comité de Produtividade, que aprobou a liquidación definitiva do ano 2021 e da Comisión mixta de seguimento do Acordo Negociado que aprobou as bases de axudas de estudos e vivenda. O martes 24 celebrouse xuntanza do Comité de Valoración de Postos de Traballo.
CCOO considera que a Valoración do Complemento de Destino podería estar finalizada a finais de xuño para que a Corporación aprobe inicialmente a RPT que incorpore os cambios no pleno de xullo. Deste xeito, os cambios poderían verse reflectidos na nómina de outubro, unha vez o pleno o aprobase definitivamente en setembro en caso de haber alegacións.
Constituíuse o Comité de Valoración de Postos de Traballo que comeza desenvolvendo a valoración do Complemento de Destino (CD). Tanto CIG como CCOO realizamos proposta, CIG limitouse a presentar unha proposta de cambios no CD, sen manual de valoración. Dende CCOO presentamos tanto manual de valoración como matriz por categorías. Documentos aos que podes acceder no espazo de CCOO na intranet. En todo caso, o resultado de ambas as dúas propostas é moi similar, polo que esperamos que nesta ocasión exista consenso.
A proposta de CCOO está baseada nunha valoración sistemática, global e obxectiva que como resultado supón o incremento de ao menos un nivel para todos os postos que non se atopan no máximo e incluso máis para os postos con niveis baixos ou os que se atopaban desaxustados con outros postos similares. Trátase de poñer o CD en concordancia coa actualización de funcións establecida na Valoración de Postos de Traballo desenvolvida para establecer o Complemento Específico (CE) fai preto de cinco anos. En definitiva, estamos a recuperar e actualizar unha proposta realista, tecnicamente acreditada e coherente coa valoración do CE, que presentamos fai catro anos e que tivera boa aceptación por parte a Corporación máis non tivo apoio do resto das centrais sindicais que apostaron todo o nada por unha Carreira Profesional que a día de hoxe sigue paralizada, en lugar de apostar por o paxaro en man como pretendía CCOO.
Aprobadas as axudas de vivenda e estudos que agora admiten todos os másters universitarios, tratase dunha vella demanda de CCOO que non se puido aprobar en convocatorias anteriores por falta de consenso sindical. Mais nesta ocasión houbo acordo unánime en base ao RD. 822/2021.