A Deputación apoia con medio millón de euros o mantemento de programas sociosanitarios de 27 entidades
O Boletín Oficial da Provincia recolle hoxe a concesión provisional das axudas, que van dos 2.400 aos 37.000 euros
Servizos de apoio psicolóxico, campañas informativas e de sensibilización, terapias de rehabilitación ou programas de asesoramento e orientación son algunhas das iniciativas subvencionadas
 
								             A Deputación da Coruña destina medio millón de euros para o mantemento de programas sociosanitarios de 27 entidades sen ánimo de lucro da provincia neste 2022.
O Boletín Oficial da Provincia (BOP) recolle hoxe a concesión provisional de subvencións por valor de 498.303 euros. As contías a percibir por organismo beneficiario van dun mínimo de 2.400 a un máximo de 37.000 euros.
As achegas permitirán financiar o desenvolvemento de servizos apoio psicolóxico, campañas informativas e de sensibilización, terapias de rehabilitación, programas de orientación e asesoramento, charlas e foros.
A deputada de Benestar Social, Ana Lamas, indicou que con estas subvencións a Deputación "presta apoio a programas fundamentais para o benestar social de toda a poboación, xa que inclúen servizos para mellorar o nivel de vida de miles de persoas". A deputada provincial tamén destacou o importante labor de sensibilización sobre certas doenzas que levan a cabo as entidades sociais.
Axudas provisionalmente concedidas
| 
 Solicitudes 
 | 
 Importe de subvención | 
| Beneficiario: ANHIDACORUÑA ASOC.DE NIÑOS CON HIPERACTIVIDAD Y DEFICIT DE ATENCION Obxecto: AP-2 Apoio psicolóxico. APOIO PSICOLÓXICO PARA PERSOAS AFECTADAS POLO TDAH E AS SÚAS FAMILIAS | 
 15.747,72 € | 
| Beneficiario: ASOC IACION GALLEGA TRANSPLANTADOS PULMON AIRIÑOS Obxecto: PC-1 Charlas, foros, publicacións e campañas de sensibilización. FOMENTO DA DOAZÓN DE ÓRGANOS | 
 3.587,20 € | 
| Beneficiario: ASOCIACION BULIMICOS Y ANOREXICOS DE A CORUÑA Obxecto: AP-1 Terapias de rehabilitación. INTERVENCION TERAPÉUTICA NOS TRASTORNOS DA CONDUTA ALIMENTARIA | 
 37.000,00 € | 
| Beneficiario: ASOCIACION COMPOSTELANA DE NIÑAS Y NIÑOS HIPERACTIVOS Obxecto: AP-1 Terapias de rehabilitación. Abordaxe integral do TDAH para un desenvolvemento óptimo | 
 25.750,00 € | 
| Beneficiario: ASOCIACION DE AYUDA A NIÑOS ONCOLOGICOS DE GALICIA ASANOG Obxecto: AP-3 Programas de información/orientación e asesoramento en distintas materias. Información e asesoramento sociolaboral, educativo e psicolóxico a menores con cancro e as súas familias | 
 15.862,74 € | 
| Beneficiario: ASOCIACION DE DANO CEREBRAL SARELA Obxecto: AP-3 Programas de información/orientación e asesoramento en distintas materias. Persoas e familias con Dano Cerebral Adquirido | 
 33.000,00 € | 
| Beneficiario: ASOCIACION DE LUCHA CONTRA ENFERMEDADES DEL RIÑON Obxecto: AP-3 Programas de información/orientación e asesoramento en distintas materias. SIO. Servizo de Información e Orientación Social | 
 25.720,00 € | 
| Beneficiario: ASOCIACION ESPAÑOLA CONTRA EL CANCER Obxecto: AP-3 Programas de información/orientación e asesoramento en distintas materias. PROGRAMA DE TRABAJO SOCIAL: ATENCIÓN Y ORIENTACIÓN SOCIAL | 
 24.846,11 € | 
| Beneficiario: ASOCIACION FAMILIARES ENFERMOS DE ALZHEIMER E OUTRAS DEMENCIAS DE FISTERRA E SONEIRA (AFAFES) Obxecto: AP-1 Terapias de rehabilitación. PROGRAMA DE PREVENCIÓN DA DEPENDENCIA E PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL | 
 31.000,00 € | 
| Beneficiario: ASOCIACION GALEGA DE ASPERGER (ASPERGA) Obxecto: AP-3 Programas de información/orientación e asesoramento en distintas materias. PROGRAMA DE ASESORAMIENTO A PERSOAS CON SÍNDROME DE ASPERGER E AUTISMO E AS SÚAS FAMILIAS | 
 17.487,81 € | 
| Beneficiario: ASOCIACION GALEGA DE ESCLEROSE LATERAL AMIOTROFICA Obxecto: AP-3 Programas de información/orientación e asesoramento en distintas materias. Persoas afectadas de Esclerose Lateral Amiotrófica, coidadores e familiares | 
 10.543,60 € | 
| Beneficiario: ASOCIACION GALEGA DE LINFEDEMA AGL Obxecto: AP-1 Terapias de rehabilitación. Persoas con linfedema | 
 17.500,00 € | 
| Beneficiario: ASOCIACION GALLEGA C/ENFERMED.NEUROMUSCULARES ASEM GALICIA Obxecto: AP-1 Terapias de rehabilitación. Programa de Rehabilitación integral para personas con enfermidade neuromuscular na provincia de A Coruña | 
 2.400,00 € | 
| Beneficiario: ASOCIACION GALLEGA CONTRA LA FIBROSIS QUISTICA Obxecto: AP-1 Terapias de rehabilitación. Programa de fisioterapia respiratoria para persoas da área de A Coruña | 
 5.560,00 € | 
| Beneficiario: ASOCIACION GALLEGA DE AFECTADOS POR TRANSPLANTES MEDULARES Obxecto: PC-1 Charlas, foros, publicacións e campañas de sensibilización. Informar e sensibilizar ó conxunto da sociedade sobre o proceso de doazón de medula ósea | 
 12.672,25 € | 
| Beneficiario: ASOCIACION GALLEGA DE HEMOFILIA Obxecto: AP-3 Programas de información/orientación e asesoramento en distintas materias. Servizo de Atención e Información Permanente (SAIP) | 
 4.688,71 € | 
| Beneficiario: ASOCIACION PARKINSON FERROL Obxecto: AP-1 Terapias de rehabilitación. Abordaxe multidisciplinar en persoas afectadas pola enfermidade de Parkinson. | 
 16.165,00 € | 
| Beneficiario: ASOCIACION PARKINSON GALICIA Obxecto: AP-1 Terapias de rehabilitación. PROGRAMA DE FISIOTERAPIA PARA PERSOAS AFECTADAS DE PARKINSON, FAMILIARES E COIDADORES/AS | 
 33.000,00 € | 
| Beneficiario: ASOCIACION SOBRE RODAS Obxecto: AP-2 Apoio psicolóxico. TALLER SUPERACION | 
 9.092,00 € | 
| Beneficiario: FEDERACION DE ASOCIACIONS GALEGAS DE FAMILIARES DE ENFERMOS DE ALZHEIMER (FAGAL) Obxecto: PC-2 Programas formativos, xornadas técnicas, seminarios, congresos ou cursos. XX Xornadas Interdisciplinarias de FAGAL. Programa Formativo dirixido a coidadores de persoas con demencia | 
 
 3.544,21 € | 
| Beneficiario: FEDERACION GALEGA DE DANO CEREBRAL Obxecto: PC-1 Charlas, foros, publicacións e campañas de sensibilización. CONTRIBUÍR A UNHA SOCIEDADE INFORMADA E MÁIS DIVERSA E INCLUSIVA, A TRAVÉS DA CONCIENCIACIÓN DA POBOACIÓN INFANTIL SOBRE A EXISTENCIA, CAUSAS E CONSECUENCIAS DO DCA | 
 28.751,12 € | 
| Beneficiario: FEDERACION GALEGA DE ENFERMEDADES RARAS E CRONICAS Obxecto: AP-3 Programas de información/orientación e asesoramento en distintas materias. Servizo de Acollida Federación Galega de Enfermedades Raras e Crónicas | 
 18.154,91 € | 
| Beneficiario: FUNDACION FOLTRA Obxecto: AP-1 Terapias de rehabilitación. PACIENTES CON DANO NEUROLÓXICO | 
 37.000,00 € | 
| Beneficiario: FUNDACION INGADA Obxecto: AP-2: Apoio psicolóxico ás persoas afectadas de TDAH e as súas familias: Acompañamento no TDAH | 
 14.506,75 € | 
| Beneficiario: FUNDACION ODONTOLOGIA SOLIDARIA Obxecto: AP-1 Terapias de rehabilitación. Clínica Odontoloxía Solidaria A Coruña: Coidados bucais para a inclusión social na provincia da Coruña | 
 20.200,00 € | 
| Beneficiario: LIGA REUMATOLOXICA GALEGA LOITA CONTRA O REUMATISMO Obxecto: PC-1 Charlas, foros, publicacións e campañas de sensibilización. CAMPAÑA INTEGRAL DE PREVENCIÓN , INFORMACIÓN E SENSIBILIZACIÓN DAS ERyMEs (Enfermedades reumáticas y músculo esqueléticas) | 
 12.850,00 € | 
| 
 TOTAL CONCEDIDO 
 | 
 476.630,13 € | 
 
                   
                   
                
 
          
    