Complemento de Destino e Teletraballo
A proposta de CCOO está baseada nunha valoración sistemática, global e obxectiva que como resultado supón o incremento de ao menos un nivel para todos os postos que non se atopan no máximo e incluso máis para os postos con niveis baixos ou os que se atopaban desaxustados con outros postos similares
No día de onte, luns 2 de maio de 2022, houbo reunión da Mesa Xeral de Negociación onde ademais dos temas subliñados en titulares, aprobouse unha ampliación da Oferta de Emprego Público de Establización con catro novas prazas detectadas (cociñeiro/a, 1 Técnico/a de Administración Xeral (A2) e dous Administrativos/as. Asemade debateuse un documento sobre criterios xerais de estabilización que se seguirá negociando.
Por fin a Corporación atende la demanda de CCOO e comeza a negociación para valorar o Complemento de Destino (CD). Efectivamente a mesa de negociación aprobou por unanimidade constituír a comisión técnica de valoración de Postos de Traballo (VPT) que se reunirá periodicamente o segundo e cuarto martes de cada mes ás 9:30 h. A delegación de CCOO, ao igual que sucedeu coa comisión de VPT constituída no anterior mandato para valora o Complemento Específico (CE), estará formada por Álvaro Trillo (titular), César Santiso (asesor) i Eugenia Varela (suplente). En todo caso CCOO considera que unha vez aprobada a valoración do CD deben negociarse modificacións puntuais provocadas por adaptación de funcións na VPT do CE, Carreira Profesional, así como outras medidas encamiñadas a recuperar o poder adquisitivo perdido polo persoal.
A proposta de CCOO está baseada nunha valoración sistemática, global e obxectiva que como resultado supón o incremento de ao menos un nivel para todos os postos que non se atopan no máximo e incluso máis para os postos con niveis baixos ou os que se atopaban desaxustados con outros postos similares. Trátase de poñer o CD en concordancia coa actualización de funcións establecida na VPT desenvolvida para establecer o CE fai preto de cinco anos.
En definitiva, estamos a recuperar unha proposta realista, tecnicamente acreditada e coherente coa valoración do CE, que presentamos fai catro anos e que tivera boa aceptación por parte a Corporación máis non tivo apoio do resto das centrais sindicais que apostaron todo o nada por unha Carreira Profesional que a día de hoxe sigue paralizada, en lugar de apostar por o paxaro en man como pretendía CCOO.
Con preto dun ano de atraso sobre o seu compromiso, a Corporación presenta un abstracto documento sobre teletraballo o que de facto impide unha implantación inmediata como xa acontece noutras administracións como por exemplo Oroso, A Coruña, Pontedeume, Ferrol, Culleredo, Narón, Vedra, Ames... que xa teñen referenciados no BOP os seus regulamentos e noutras Deputacións como a de Pontevedra. Aquí podes acceder ao dito documento.
CCOO insta á Corporación a negociar e aprobar o regulamento de teletraballo antes de rematar setembro, tempo suficiente para trasladar o documento presentado a regulamento e non atrasar aínda máis o compromiso adquirido coa Corporación, neste sentido somos críticos e non compartimos as visións que xustifican en cuestións técnicas o atraso dun ano na implantación do Teletraballo, cando realmente trátase dunha decisión política e dunha demanda maioritaria do persoal.