Estás en:Emprego
CCOO vota a favor da OEP de quenda libre do ano 2022 e a OEP de estabilización do 2021 prorrogable ao 2022

Teletraballo e OEP 2022

CCOO insta de novo á Corporación a que cumpra co seu compromiso de aprobar un regulamento de teletraballo como está a acontecer noutras administracións próximas

Teletraballo e OEP 2022

No día de onte, luns 14 de marzo, celebrouse reunión da mesa de negociación para aprobar as Ofertas de Emprego Público (OEP) tanto de quenda libre como de estabilización.

CCOO insta de novo á Corporación a que cumpra co seu compromiso de aprobar un regulamento de teletraballo como está a acontecer noutras administracións próximas, como por exemplo Oroso, A Coruña, Pontedeume, Ferrol, Culleredo, Narón, Vedra, Ames... que xa teñen referenciados no BOP os seus regulamentos e noutras Deputacións como a de Pontevedra. Nesta ocasión o fixemos mediante un rogo na mesa xeral, indicando que a pesar de ser moitos os meses de atraso, e que as distintas centrais sindicais fai tempo que temos presentadas as nosas propostas de regulamento, a Corporación aínda non se dignou a preparar a súa proposta e moito menos iniciar a negociación formal. Situación que debe ser revertida de inmediato.

CCOO vota a favor da OEP de quenda libre do ano 2022 e a OEP de estabilización do 2021 prorrogable ao 2022. En canto a de quenda libre fomos o único sindicato que a apoio xa que o resto abstivéronse. Dende CCOO entendemos que a proposta da Corporación é a máis favorece e a que facilita executar as ofertas nos prazos establecidos, pois trata de agrupar prazas de cara á oposición en lugar de ir sacando oposicións a conta gotas da mesma praza en sucesivos anos. En relación coa OEP de estabilización, UGT votou a favor xunto con CCOO e CIG abstívose. Cabe salientar que antes do remate do prazo establecido por lei (1 de xuño de 2022) se realizará unha ampliación da OEP de estabilización para incluír aquelas prazas que, unha vez rematados os procesos de concursos, cumpran coas condicións para participar no proceso de estabilización. En todo caso, convidamos a que poñervos en contacto con nos si alguén considera que a súa praza cumpre cos criterios de estabilización e non aparece no listado, para poder estudar o caso e loitar pola súa inclusión.

Na seguinte ligazón tes acceso ás listaxes coas prazas ofertadas

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X