Estás en:Emprego
Asesoría Xurídica informa que para promocionar hai que ter a titulación correspondente

Funcionarización e toma de posesión do persoal que promocionou

CCOO propón a CIG que desista de presentar alegacións á RPT para que o persoal que promocionou poida tomar posesión no mes de maio

Funcionarización e toma de posesión do persoal que promocionou

A pesares dos esforzos dalgúns, seguimos avanzando na mellora das condicións laborais dos traballadores e traballadoras.

CCOO propón a CIG que desista de presentar alegacións á RPT para que o persoal que promocionou poida tomar posesión no mes de maio, tal e como anuncia o citado sindicato no comunicado emitido o pasado 14 de abril. Do contrario, as ditas alegacións non poderán resolverse ata o pleno de finais de maio e por conseguinte a demandada toma de posesión non poderá desenvolverse ata o mes de xuño. En todo caso, dende CCOO queremos informarvos de cal é a posible vulneración do marco legal na que se ampara a CIG en relación ás modificacións producidas entre a RPT negociada e a que aprobou o pleno da corporación, logo da tramitación plenaria:

1.- A RPT aprobada polo pleno elimina incrementar el complemento específico dun posto A2 de persoal eventual (asesor político). Postestade da corporación que as centrais sindicais non entramos a negociar pois trátase de persoal que non representamos.

2.- A RPT aprobada polo pleno elimina a transformación dunha praza de administrativo en xefatura de negociado no Fogar Infantil Emilio Romay, logo de recibir informes posteriores á mesa de negociación de dirección do centro e Deputada de Servizos Sociais.

A Xunta de Goberno ven de aprobar as bases para a funcionarización, proceso que rematará a finais deste ano. O resultado da reunión do dito órgano celebrada o pasado venres 21 de abril supón unha extraordinaria nova para un grande numero de traballadores e traballadoras que levan anos demandando o desenvolvemento do devandito proceso e CCOO, en consecuencia, pulando para que así sexa. Lembramos que é un proceso voluntario no que cada traballador ou traballadora decide si quere participar ou non no proceso para acadar a condición de funcionario ou quedar de laboral nas mesmas condicións nas que se atopa. Xa que logo, non comprendemos como unha central sindical pode levar anos bloqueando este proceso.

En todo caso CCOO anima a funcionarizarse a todo o persoal laboral que queira acadar maior seguridade coa condición de funcionario de carreira ou que queira participar das melloras que incorpora o Plan de Ordenación de Recursos Humanos (RRHH), como por exemplo as promocións internas ou a carreira profesional horizontal. Porque lembramos que debido ao bloqueo na Comisión Paritaria para a Vixilancia, Seguimento e Interpretación do Convenio Colectivo do persoal laboral, o dito plan só afecta ao persoal funcionario. Mais CCOO traballou conxuntamente coa corporación parar cadrar cronogramas de xeito que o persoal laboral que se funcionarice poida participar nas promocións internas incluídas no plan.

A asesoría xurídica informa que non se axusta a dereito que o persoal laboral poida promocionar verticalmente sen titulación, tal e como propoñía a CIG na comisión paritaria de laborais e que motivou o bloqueo durante un mes do plan de ordenación de RRHH e supuxo o impedimento para que o persoal laboral poida realizar a funcionarización cruzada, é dicir facer nun só proceso funcionarización e promoción interna, sempre que teñan a titulación que esixa a lei. O devandito informe da asesoría xurídica foi realizado a petición da corporación logo dunha solicitude de CCOO porque queríamos que todo o cadro persoal (en especial o persoal laboral que ten diante unha estupenda oportunidade para funcionarizarse) tivese claro cal é o "marco legal de xogo" diante de argumentos falaces.

Visítanos en   Chámanos ao 981 415 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X